Cultura, Zas
Ubaldo Cerqueiro - 19 Outubro 2011 - 07:45 | Un Comentario

25 anos espallando o teatro dende Baio para toda a Costa da Morte


Equipo de Badius Teatro

A campaña de captación de amigos do grupo de Teatro Badius está en marcha coincidindo co comezo deste outono teatreiro. Este grupo de teatro afeccionado con sede en Baio, conta con actores dos concellos de Cabana, Laxe, Vimianzo e Zas.

Un grupo que despois de 25 anos de actividade, pódese considerar un referente nesta actividade na Costa da Morte.

Nos últimos tempos levan percorrendo o país coa súa “Bancagare” ou o seu “Xoo… ante o perigo” , facendo sátira de problemas de hoxe.

Se queres unirte, para máis información chamar o 981 75 13 98, e non dubides en darnos a túa opinión na dirección de correo electrónico teatrobadius@yahoo.es ou en Facebook no grupo Badius.

Trailer de “Xoo… ante o perigo”

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

1 Comentario

  1. [...] Xuntamos hoxe dúas actividades importantes no Concello de Zas. Teatro e Baloncesto levan anos ocupando o tempo dos pequenos, gracias á labor de dous grupos directivos exemplares. Por unha banda a Escola de Baloncesto de Baio e pola outra a xente de Badius Teatro, que leva 25 anos espallando a cultura teatreira pola comarca de Soneira. [...]

    Pingback por Baloncesto e Teatro, as actividades preferidas dos cativos de Zas, abren un novo curso — 27 Outubro 2011 @ 09:49

Canal RSS dos comentarios da entrada.

Este formulario de comentarios está pechado neste momento.

 
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE