Deportes, Fútbol
Ubaldo Cerqueiro - 19 Outubro 2011 - 10:28 | Un Comentario

Hoxe, mércores, no Depor Sport


Depor Sport (19-11-10)

Comezamos o repaso ao diario falando do recibo arbitral unificado. I é que este pasado sábado celebrábase unha reunión importante na Federación sobre o asunto á que non acodía a Asociación de Clubes da Costa da Morte. En prinpicip parece que ser que na Costa daban por sentado que a tarifa arbitral unificada xa estaba aprobada, e así foi tralos votos a favor das asociacións de clubes presentes (da Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo e Vigo). Así parece remata a sangría económica que sufrían equipos como o Fisterra ou a Esteirana que, con 4 equipos en competición, o custe en árbitros pode chegar a 350 € a fin de semana.

Pero a xuntanza tivo máis cousas importante para o devir do fútbol afeccionado galego ao que o fútbol da Costa non pode dar as costas. Xa temos falado da pproblemática arredor do Programa Xogade da Xunta, a través todos os clubes de 21 deportes do país xestionan as fichas e a mutualidade das categorías base. En novembro remata ese convenio e mentres a Xunta negocia coas empresas aseguradoras, terán os clubs que dar de alta aos xogadores para o que resta de campaña e pagar a mutualidade? Sería un gasto máis co que non contaban nos orzamentos iniciais e sería unha enorme carga para os clubes con varias categorías. De aí a necesidade de facer forza e participar nestas reunións.<7p>

Ademais, na actualidade da 3ª División, falamos do ceense Miguel Fiuza, que é dúbida esta fin de semana co seu Ordes para visitar o campo do Pontevedra.

Depor Sport (19-11-10)

Na Preferente, o protagonista será Sergio, o meta vimiancés que será de partida na meta do Dumbría para o derbi co Soneira desta fin de semana, trala expulsión de Juan Purrúa, e a baixa de Anxo por motivos laborais.

Xa na actualidade da Liga da Costa imos ata Muros, onde Sil ten que tirar de canteira para completar un medio do campo competitivo. Jesús e Dani Corniños, de 19 e 20 anos, toman a medular muradá.
Ademais o diario destaca o mal estado do céspede natural do campo de Fontiñas (Nantón) por mor da seca. E en breves sinala a volta de Manín a Muros onde adestrou hai 14 anos ao cadro xuvenil; asi como o compromiso do eterno meta coruñés Luís De la Peña co Sofán.

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.com).
  • Colabora Ana Mouzo e Ghillermo.

Etiquetas: , , , ,

1 Comentario

  1. [...] analizar a problemática con Programa XOGADE e coa tarifa arbitral unificada, imos xa co parte de sancións da [...]

    Pingback por Endurécese o parte de sancións — 20 Outubro 2011 @ 18:32

Canal RSS dos comentarios da entrada.

Este formulario de comentarios está pechado neste momento.