2ª Autonómica G2, Deportes, Fútbol
Ubaldo Cerqueiro - 24 Outubro 2011 - 13:47 | 2 Comentarios

2ª Autonómica: O Camariñas colle o relevo


A sorprendente derrota do Club do Mar ante o Buño e a vitoria do Camariñas en Esteiro deixan aos de Manolín comandando a clasificación, empatados a puntos a puntos. Por detras segue o Dumbría B, que non puido xogar o encontro contra o Baio polo temporal e que de gañar se colocaría de líder. Chega ademais con forza un Muros que vai a máis.

Por abaixo a cousa segue complicada para O Pindo, que segue con 0 puntos; parao Corcubión, con serios problemas co gol, e para o San Lorenzo, que a pesar dos 4 puntos das dúas últimas xornadas volvía dar a de area en Verdillo. Importate para o Nantón a vitoria en Mazaricos que lle permite superar ao cadro de Periscal e meterse en zona morna.

Club do Mar – Buño (1-2)

Club do Mar - Buño - Foto: X.A. Boedo

  • Club do Mar: Iván, Chori, Álex, Rubén, Fran Borrazás, Repi, Juan Lareo, Corral (Manu, min.55), Santi Silva, Bertín (Brais, min.65), Vituco.
  • Buño: Toni, Eloy, Diego, Alfredo, Óscar (Brais, min.70), David (Antelo, min.55), Ismael, Dani Calvete, Dourado (Miguel, min.70), Rubén, Víctor (Richard, min.80)
  • Goles: 0-1, min.60: Víctor; 0-2, min.70: Ismael; 1-2, min.90: Vituco, de penalti.
  • Partido estrano en Paiosaco no que o Club do Mar perdeu a súa imbatibilidade. O Buño, a base de moito oficio e entrega, protagonizou a sorpresa da fin de semana rompendo o seu comezo irregular e baixando aos caioneses á realidade da complicada Liga da Costa. Algo que de feito dende o clube caionés levan reivindicando dende o comezo, protestando porque os medios o metamos como o claro favorito ao ascenso. A realidade é que o seu grandísimo comezo de campaña así o corrobora.

    Con todo, o sábado, o Buño, tras aguantar moi seguro durante a primeira metade, souberon esperar o momento, e no ecuador do segundo tempo, cando o Club do Mar tomaba un respiro, sacou dous zarpazos e puxo un 0-2 imposible de recuperar para os locais. E iso que o Club do Mar xa levaba alomenos 10 ocasións claras de gol e dous posibles penaltis que o colexiado non sinalou. Ao final o árbitro si pitou unha pena máxima, pero xa co tempo cumplido.

    Rubén amosa a impotencia do Club do Mar - Foto: X.A. Boedo

    Fisterra – Sofán (1-2)

    • Fisterra: Joselu (Nico, min.28), Piti, Gustavo, Pana, Juan de Elvira, Santi, Roco (Edu, min.35), Guardiola, Tata (Rivas, min.65), Marco do Cabo (Mané, min.60), Dudo.
    • Sofán: Luis de la Peña, Adrián, Miniño, Juan, Juanjo, Pensado, Jacobo (Manuel Varela, min.90), Suso Docampo, Berti (Edu, min.85), Iván Rey, Abel.
    • Goles: 1-0, min.1: Gustavo tras un córner; 1-1, min.25: Joselu en propia meta; 1-2, min.60: Berti a centro raso de Abel.
    • Lesións: Os fisterráns Joselu, Roco e Pana.

    Espertou a SD e o fixo no histórico campo de Ara Solis nun encontro atípico. Comezaba o partido xa con 1-0 no marcador tras un córner que rematou impecablemente Gus. Pero a SD non se viu abaixo o cadro de Vicente que mantiña liñas, e buscaba chegar tocando ata arriba. Un erro do meta local deu un volco ao partido. Joselu non atallaba un balón tras un córner e o balón entraba coa axuda do oportunismo e incomodidade de Berti. Ademais o meta fisterrán tivo que saír porque se mancou un dedo da man. Tivo que poñerse Juan de Elvira baixo paos.

    Comezaba o segundo tempo co Sofán máis metido e o Fisterra algo medoso. Rivas puido poñer en vantaxe aos locais. Jacobo e Abel avisaron por bando visitante e Berti fixo o 1-2 que demostra a superioridade neses momentos dos visitantes. De aí o final o partido toleou, con Mané no campo os fisterráns puixeron perigo e Rivas tamén puido acadar a igualada, pero o acoso local non se traduxo en empate.

    Malpica – Corme (2-2)

    • Malpica: Suso, Charly, Marcos Amado (Dani, min.70), Víctor, Iago, Rancaño, Neucha (Daniel, min.64), Cheo, Pablo, Andrés (David Álvarez, min.73), Alfredo.
    • Corme: Susiño, Adolfo, Alejandro, Jesús, Abel, Diego, Martín (Gonzalo, min.85), Adrián, Iago, Lucas (Dani, min.91), Alejo.
    • Goles: 1-0, min.25: Alfredo de falta pola escuadra por riba da barreira. 1-1, min.30: Alejo a pase de Adrián. 1-2, min.65: Alejo remata un pase da morte de Adrián. 2-2, min.85: Alfredo dende fóra da área tras uns rexeites.
    • Expulsións: o malpicán Rancaño.
    • Lesión: Marcos Amado.

    Fermoso e intenso derbi en Pedra Queimada entre dous equipos que apostan polo fútbol directo e sen miramentos, que buscan a vitoria en cada partido. Foi un encontro de ida e volta, con ocasións en ambas porterías e nos que os metas Suso e Susiño tiveron traballo abondo. Comezaba adiantándose o Malpica cunha gran falta de Alfredo. Pero non tardou Alejo en asinar o empate tras un centro de Adrián, moi incisivo na tarde de onte pola banda.

    Remataba a primeira metade con moito respeto, e Alejo adiantaba aos cormelás cunha xogada calcada ao primeiro gol. Peor a falta de 5 minutos, xa co Malpica volcado sobre a meta cormelá, un balón aéreo era rexeitado pola defensa visitante, pero no borde da área aparecúa Alfredo para empalmar un balón e asinar o empate definitivo.

    Zas – O Pindo (5-1)

    • Zas: Damián, Pereiro, Lagoa (Óliver, min.75), Martín (Daniel, min.55), Mancebo, Pablo, Peque, Jaime (César, min.65), Juan, Roly (Javi, min.55), Pablo Muíño.
    • O Pindo: Garrido, Herminio, Juan de Dios, Manolito, Juan Fis, C.Leis, D.Leon, Pablo, Riolo, Hugo e Carlos. Tamén xogaron: D. Atán, Conexo, Hipo, Alex e Vicente.
    • Goles: 1-0, min.15: Pablo Muíño; 1-1, min.25: Carlos a pase de Pablo; 2-1, min.40: Pablo Muíño; 3-1, min.50: Pablo Muíño; 4-1, min.60: Pablo Muíño; 5-1, min.75: Jaime a pase de Pablo Muíño.

    Espectacular o monólogo do potente de Pablo Muíño, con 4 tantos e unha asistencia, ante un cadro carnotán que volveu aguantar o primeiro tempo. Comezou ben o Zas, pero se diluiu conforme pasaban os minutos. O Pindo empatou e a piques estivo demarchar co empate aos vestiarios.
    Pero os dous goles do dianteiro zaense antes e despois do descanso, mataron ao cadro do Pindo, que baixou os brazos, e sufriu o cansanzo, ao longo da segunda metade.

    Muros – Corcubión (2-0)

    • Muros: Lupi, Teo, Mayuyo, Gael, Dani, Mingos, Alberto, Gelo, Sexo, Jesús (Javi, min.75), Maxi (Iván, min.65).
    • Corcubión: Cristian (Abelleira, min.40), Sancho (Pablo, min.40), Sergio Manín, José María, Balucho, Alberto, Papi (Sergio, min.55), Alán, Edu, Conguito, Mario (Sebas, min.80).
    • Goles: 1-0, min.20: Mayuyo de falta; 2-0, min.65: Gael tras un saque de falta de Mayuyo.
    • Lesión: Jesús con nocello inchado.

    Campo impracticable en Miraflores que non permitiu demasiadas florituras, e os balóns aéreos e as xogadas a balón parado foron claves, ademais da vontade dos muradáns de non descolgarse da zona alta. O Corcubión volveu amosar unha boa imaxe pero as baixas na parte dianteira foron claves.

    Os goles muradáns chegaron a balón parado e tiveron un protagonista: Mayuyo, que asinou o primeiro aos 20 mintuos de cabeza, e que lanzou a falta do segundo tras un bo remate de Gael. Non lle perdeu a cara ao partido o Corcubión que o intentou por medio de Mario ata en 3 ocasións, pero sen sorte, e mesmo marrou unha pena máxima cando faltaban 15 minutos que podía ter metido de novo no partido ao equipo de Manín, cando mellor estaba xogando e apretando.

    San Lorenzo – Castriz (1-4)

    • San Lorenzo: Sergio, Santi, Adrián, Dubra, Puñal, Miguel (Jorge, min.46), Chucho (Eloy, min.65), Cachizo, Marcos, Fuentefría, Carlos.
    • Castriz: Herrera, Michi, Alberto, Álex, Sergio Pose (Sergio Pose, min.80), Mauri (Marcos, min.70), Toño, Pablo (Toniño, min.50), Iván, Martín (Jonhi, min.75), Sebas.
    • Goles: 0-1, min.12: Pablo cun tiro dende fóra da área; 0-2, min.20: Iván cun tiro dende fora da area; 1-2, min.60: Carlos de falta; 1-3, min.65: Iván de tiro dende o borde da área que se cola pola escuadra; 1-4, min.90: Iván á contra con Jonhi e Sebas.

    Partido estivo condicionado polo vento no cal o Castriz na primeira parte se beneficiou de telo a favor e para arrinconar aos de Verdillo, e puxo o encontro ao seu favor. Atopáronse con dous golazos os xalleiros, que están a xogar moito mellor fóra da casa que en San Pedro. A partir do minuto 20, o San Lorenzo tivo que subir liñas e á contra facían dano os visitantes.

    Na segunda e co vento a favor o San Lorenzo embotellou o Castriz, pero o terceiro gol visitantes afundiu os locais. A última media hora o Castriz adicouse a remar e gardala roupa, e nunca mellor dito. Xusta vitoria visitante en términos xerais.

    Mazaricos – Nantón (0-1)

    • Mazaricos: Juan, Casais, Ramón, Matías, Chico (Marcos, min.60), Rodri (Tuco, min.55), Brais (Ferreiro, min.80), Esteban, Estéfano, Cristian (Rafa, min.50), Kevin.
    • Nantón: Martín, David Lareo (Eloy, min.85), Diego, Félix, Sito, Carlos Vidal, Cristian, Martín, Luís, Manolo (Pedro, min.87), Rubén (Iván, min.80).
    • Gol: 0-1, min.20: Manolo aproveitou un saque do porteiro que esvarou e o balón quedou nunha poza ao borde da área.

    Partido moi igualada na Pedra do Ouro nun campo impracticable. Só os balóns aéreos creaban perigo, pero os Félix e Sito eran superiores aos Kevin e Brais por alto. De feito o gol de Manolo chegaba nunha xogada desgraciada para o menta mazaricán. Juan sacaba de porta, esbaraba e o balón quedaba no borde da área aos pés dun Manolo que só tivo que empurrar á rede, iso si, salvando as pozas da área pequena.

    Na segunda metade, xa con menos vento e xa cando se podía xogar algo máos, o Mazaricos foi polo empate pero sen demasiadas ocasións. Un gran tiro de Kevin dende fóra da área que parou o porteiro e petou no pao foi a ocasión máis clara para os locais, mentres que Esteban viu como lle anulaban un gol por fóra de xogo. Por bando visitante tamén buscaron o 0-2, pero un man a man de Luís marchou fóra tras caer nunha poza.

    Esteirana – Camariñas (1-3)

    • Esteirana: Ramón, Chispi (Isma, min.46), Simón (Iago, min.65), Dani, José Varela, Alex, Róber Pladur, Pichu, Uru, Andel (Cajulo, min.55), Adelino.
    • Camariñas: Pombo, Carlos, Breo, Maikel, Ogando (Nico, min.55), Moriño, De La Sierra (Doyle, min.85), Brais (Dani, min.75), Javi (Adrián Negro, min.65), Juan oBello, Leo.
    • Goles: 0-1, min.25: Juan oBello de falta cun golazo; 0-2, min.60: Leo de penalti; 1-2, min.75: Adelino de penalti; 1-3, min.80: Adrián Negro.
    • Expulsión: Róber Pladur por dous cartóns (min.70).

    A pesar do temporal xogouse no Xosé Vara Oliveira un partido de entrega e pouco fútbol. Ademais os equipos contaron coa aportación negativa do colexiado non acertou practicamente en ningunha das xogadas importantes: os dou penaltis non eran, a expulsión puido ser demasiado rigorosa, e ata o terceiro gol dos camariñáns puido ser en fóra de xogo.

    O Camariñas estivo máis acertado na primeira metade e Juan oBello asinou un bonito gol de falta directa. A partir de aí os de Manolín adicáronse a controlar o tempo do partido, sen arriscar, mantendo ben defendida a liña defensiva. No segundo tempo chegou o tempo dos penaltis, primeiro para o Camariñas, e logo para os locais, que recurtaron. Pero o tanto de Adrián Negro nunha contra sentenciou o partido.

    Dumbría B – Baio (Susp.)

    Temporal xusto na hora de saír a quentar, non corría o balón, e o colexiado suspendíu o partido.

    Máis información

    Crónicas da semana

    Máis novas

    Fonte

    Etiquetas: , , , , , , , , ,

2 Comentarios

  1. [...] 2ª Autonómica: O Camariñas colle o relevo. [...]

    Pingback por 3ª Autonómica: Salvando o temporal — 24 Outubro 2011 @ 17:38

  2. [...] 2ª Autonómica: O Camariñas colle o relevo. [...]

    Pingback por Parte de sancións pensando na Tarifa Arbitral Unificada — 27 Outubro 2011 @ 16:05

Canal RSS dos comentarios da entrada.

Este formulario de comentarios está pechado neste momento.

 
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE