Cee, Deportes, Nauticos, Outros Deportes
Ubaldo Cerqueiro - 25 Outubro 2011 - 11:26 | 3 Comentarios

Os alumnos de Cee asaltan o mar a vela


En marcha o Curso de iniciación a Vela Concello de Cee

Moito máis que un deporte. Esa é a aposta do Club Marítimo Carrumeiro para os cativos de Cee e de toda a bisbarra. A entidade, xunto coa Escola de Vela Cataventos e o Concello de Cee, pon en marca un Curso de Iniciación A Vela Concello de Cee, que xa leva. Un proxecto que comezaba no 2009 intenado vencellar aos mozos da zona co noso mar, coa intención mesmo de levalo mar á Escola.

Así, de outubro a maio, cada sábados de 15:00h a 18:00h os cativos da vila da Xunqueira poderán disfrutar das marabillas do vento e do mar.

Esta iniciativa ten por obxecto o achegamento dos nenos/as da zona ao Mar, a práctica da Vela e darlles a coñecer un novo deporte como é a vela, que lamnetablemente se considera un deporte de tempada e minoritario nunha zona onde o mar sempre estivo apegado á realidade.
Pero cómpre lembrar que este ano levo acabo un “>Regata Trofeo Ferroatlántica en maio 2011, clasificatoria para o Campionato Galego, participaron nada menos que 300 nenos/as de toda Galicia o que nos dá unha mostra clara e concisa que é un deporte en auxe entre os mozos.

Charlas polas escolas

Tamén é certo que a Vela entre o noso nenos/as é algo descoñecido para a gran maioría dos propios nenos da zona. Por iso, os técnicos da Escola de Vela Cataventos acudiron aos Centros Escolares Manuela Rial Mouzo e Eugenio López co apoio de Directiva, Profesorado e Xefes de Estudos das mesmas para organizar Charlas explicativas baixo o título “Que é o Deporte da Vela? Que Facemos en Vela?”. Os resultados obtidos foron fabulosos xa que as dúbidas e inquietudes dos nenos/as do mesmo xeito que a súa participación nos debates deu mostras claras da curiosidade que este deporte esperta entre os mozos.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Clube Marítimo Carrumeiro.

Etiquetas: , , , , , ,

3 Comentarios

  1. [...] Os alumnos de Cee asaltan o mar a vela. [...]

    Pingback por Os pequenos regatistas de Cee e Corcubión xa soben ao podio — 22 Novembro 2011 @ 11:14

  2. [...] Os alumnos de Cee asaltan o mar a vela. [...]

    Pingback por Saca os títulos de patrón de barco en Corcubión e Bergantiños — 25 Xaneiro 2012 @ 14:04

  3. [...] 2011: Os alumnos de Cee asaltan o mar a vela. [...]

    Pingback por O mar volve ás escolas de Cee e xa chega ás de Dumbría e Fisterra — 28 Febreiro 2012 @ 10:12

Canal RSS dos comentarios da entrada.

Este formulario de comentarios está pechado neste momento.

 
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE