Bisbarra, Dumbría
Ubaldo Cerqueiro - 2 Novembro 2011 - 09:26 | 10 Comentarios

Dumbría coida o Camiño


Unha peregrina en Olveiroa

Hoxe temos que dar os parabéns ao Concello de Dumbría. E o facemos tras ver de primeira man todos os avances en materia peregrina que veñen de realizar nos últimos tempos. Xa o din todos os que chegan andando ata Fisterra e Muxía: “Nótase cando entras e cando saes no Concello de Dumbría”, i é que detalles tan simples como unha parte da estrada pintada de verde para os camiñantes, son fundamentais.

O Concello dumbriés parece ser o único da zona que se decata do tesouro que significa o Camiño. Pero un tesouro que precisa ser coidado, tanto para o benestar do peregrino como para a súa explotación. Porque se un peregrino é ben tratado, e ten onde gastar os cartos, gastaraos de seguro.

Olveiroa é un dos mellores exemplos para ver como o Camiño é un tesouro. A recuperación que se está a facefr no lugar dá conta do potencial do mesmo.

Novas sendas peatonais

Peregrinos andando polas sendas peatonais de Dumbría

Cóntannos dende o Concello como están sendo as obras das novas sendas peatonais. Unhas obras que ollo, non implican máis que unha boa pintada na estrada, algo ao que todos os concellos con tramos de Camiño deberían estar obrigados.
Acábanse de construir uns 2 km e medio de sendas peatonais que discorren paralelas ó trazado da carretera, para que os peregrinos non teñan problema co tráfico. Estas van desde Ponte Olveira (entrada do Camiño no concello de Dumbría) ata Olveiroa e outra dende a fábrica de Ferroatlántica ata enlazar co camiño de monte que vai ó Marco do Couto”, apunta Ana Casais.

Pero a idea é separar completamente o camiño da estrada. “Para que todo o tramo de Camiño quede libre de carretera en todo o territorio municipal, falta aínda un tramo por construir. Trátase dun tramo xusto ó pasar Hospital. Precisamente, un dos máis perigosos para a seguridade vial, xa que o trazado da carretera ten orientación leste-oeste, o que dificulta a visión dos conductores no amencer e no solpor”.

Esta forma de explicarnos dá a entender o coidado do Concello para con este asunto. Con todo, parece que “a Deputación xa ten feito o proxecto para levar a cabo esta mellora, pero debe faltar que sexa aprobado un orzamento”, explican.

Máis prazas nos albergues

Peregrinos esperando que abra o albergue de Olveiroa

Outra demostración é ver que os albergues seguen crecendo. Tanto o Albergue Olveiroa, con 34 prazas (unha para minusválidos) como o novo do Conco (24 prazas e 2 minusválidos) están abertos todo o ano.

E as cifras non minten: No de Olveira durmiron nestes 10 primeiros meses do ano 6.232 persoas; mentres no do Conco o fixeron 638.

Falta promoción aínda no do Conco, e o Concello xa está mans á obra e vai facer pronto unha “campaña” para dalo a coñecer ó longo do Camiño. Pero é que as últimas ampliacións do primixenio, e o encanto da vila de Olveira fanno o preferido dos camiñantes. Así

Novas relacionadas

Terminar o Camiño no Mar, con José A. De la Riera

Máis novas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

10 Comentarios

  1. [...] Dumbría coida o Camiño. [...]

    Pingback por Alcaldes lumbreiras — 2 Novembro 2011 @ 18:03

  2. [...] Dumbría coida o Camiño. [...]

    Pingback por Muxía coñece máis Camiño — 7 Novembro 2011 @ 09:38

  3. [...] Dumbría coida o Camiño. [...]

    Pingback por Os dirixentes aprenden o significado da sustentabilidade nas Aulas Costa da Morte — 8 Novembro 2011 @ 10:19

  4. [...] Dumbría coida o Camiño. [...]

    Pingback por Terminar o Camiño no mar – Introito — 8 Decembro 2011 @ 08:01

  5. [...] Dumbría coida o Camiño. [...]

    Pingback por Novas obras de saneamento en Carnota e Dumbría — 13 Decembro 2011 @ 10:02

  6. [...] Dumbría coida o Camiño. [...]

    Pingback por As Orixes (I) — 16 Decembro 2011 @ 17:32

  7. [...] renovada, xa apuntamos que o Concello dumbriés é dos que mellor coida o Camiño, e así podemos dar conta de todas as casas rehabilitadas para seguir ampliando o albergue, as [...]

    Pingback por Olveiroa | Recunchos da Costa — 16 Decembro 2011 @ 17:52

  8. [...] Dumbría coida o Camiño. [...]

    Pingback por Fusión de concellos e comarcalización: A pescada que morde a cola — 27 Decembro 2011 @ 08:17

  9. [...] Dumbría coida o Camiño. [...]

    Pingback por Finisterrae VII. Lendas, tradicións, soños… emocións (I) — 20 Xaneiro 2012 @ 17:31

  10. [...] Dumbría coida o Camiño. [...]

    Pingback por Lendas e tradicións (III). O monstro que axexa no páramo: O Vakner (Primeiro ouvido) — 11 Febreiro 2012 @ 08:01

Canal RSS dos comentarios da entrada.

Este formulario de comentarios está pechado neste momento.

 
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE