1ª Autonómica G1, Deportes, Fútbol
Ubaldo Cerqueiro - 2 Novembro 2011 - 12:49 | Comments Off

Berto deixa o Ponteceso


Berto sae do Ponteceso

Curioso ver as loitas mediáticas pola primicia nesto do fútbol da Costa. Pero a realidade é así, e parece que a nova da baixa de Berto como adestrador do Ponteceso é unha nova máis que codiciada. De feito, os xogadores non ían saber a nova ata o adestramento de hoxe mércores, pero a primicia, para algún medio, está por riba do benestar dos clubes.

O caso é que Berto é o segundo adestrador que marcha nas últimas semanas. Trala dimisión de Manolito como míster do Soneira, Berto asume as responsabilidades da mala racha dos pontecesáns e deixa o equipo nas mans de Marco, ata hoxe segundo adestrador.

Segundo informa a directiva do Ponteceso S.D. a decisión tomouse nunha reunión entre membros da xunta directiva e o propio adestrador. Logo de que a directiva lle comunicase a súa preocupación pola situación, o adestrador propúxolle á xunta directiva a búsqueda dunha alternativa para cambiar a actual situación.
Ante esto, a directiva tomou a desíción de darlle a responsabilidade do primeiro equipo ó actual segundo adestrador Marco.

Máis información

Novas relacionadas

Non hai comentarios

Aínda non hai comentarios.

Canal RSS dos comentarios da entrada.

Este formulario de comentarios está pechado neste momento.

 
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE