Deportes, Nauticos, Outros Deportes
Ubaldo Cerqueiro - 22 Novembro 2011 - 11:13 | Un Comentario

Os pequenos regatistas de Cee e Corcubión xa soben ao podio


Novos Regatistas costeiros en Portosín

A canteira está asegurada. A intensa tarefa do clube Club Marítimo Carrumeiro e os Concellos de Cee e Corcubión por iniciar aos nenos da zona no deporte da vela en idades cada vez mais temperá está a ser un éxito. Así o comprobaron os novos e pequenos regatistas costeiros, que regresaron da regata “Trofeo Berberecho” que se disputo en augas da ría de Muros e Noia, organizado polo Club Náutico Portosin, puntuable para o Campionatoto Galego e Copa de España. O o fixo cun merecido 2º posto na categoría “C” Da Clase Optimist baixo a barca,

Entre un total de 109 inscritos na competición a regatista do C.M Carrumeiro Paula Trinidad, como patroa do Santitel conseguiu terminar a regata no posto 23º da xeral, o que a colocaba directamente na 2º posición da categoría C de menores de 10 anos.

Ademais de Paula Trinidad, asistiron á regata Cristina Fernández posto 32 á cana do Osma, Marcela Corbelle posto 36 patroneando o Hotel o Hórreo, Elena Coronilla (Ferroatlántica II) e Iosune Muiño (Vodafone Santitel) que están en período de probas e que comezasen a despuntar se todo segue segundo o previsto na próxima tempada.

Regata en Portosín

Formación

Desde fai 5 anos o Club Marítimo Carrumeiro e a Escola de Vela Cataventos intentan incorporar ao seu equipo de regatas aos alumnos máis novos e destacados dos proxectos nos que traballan. En principio pasan un ano asistindo ás regatas sen destacar nos primeiros postos pero é no segundo ano no que despuntan e logran alzarse con posicións máis importantes.

Cada ano incorpóranse novas promesas ao equipo, como foi o caso de Manuel Marcote, Ignacio Coronilla entre outros e outras.

Actualmente estanse desenvolvendo na ría corcubionesa dúas escolas municipais para os Concellos de Cee e Corcubión coa esperanza de perpetuar o sistema de extracción de “Diamantes en Bruto” da nosa zona. Xa contan na Escola de Vela Cataventos con preto dunha trintena de alumnos entre os dous proxectos de entre 6 e 11 anos.

Novas relacionadas

Máis novas acuáticas

Fonte

  • Nota de prensa de Cataventos Escola de Vela.

Etiquetas: , , , , , , ,

1 Comentario

  1. [...] Os pequenos regatistas de Cee e Corcubión xa soben ao podio. [...]

    Pingback por A Vela xa ten Escola en Cabana gracias ao obradoiro de emprego — 20 Decembro 2011 @ 10:16

Canal RSS dos comentarios da entrada.

Este formulario de comentarios está pechado neste momento.

 
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE