Cultura, Ponteceso
Ubaldo Cerqueiro - 29 Novembro 2011 - 08:25 | 6 Comentarios

A mocidade de Ponteceso Rec.Apacita sobre a Violencia de Xénero con spots audiovisuais


Aí tendes o spot pola igualdalde que os alumnos do IES Ponteceso veñen de realizar co gallo do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero a través do programa Rec.apacita. Un programa cultural artellado dende o Departamento de servicios sociais do Concello de Ponteceso que trata de sacar o mellor dos rapaces en materia audiovisual falando dun problema moi concreto, moi real.

Óscar Rey Calo durante a Presentación do proxecto Rec.Apacita

O acto de presentación do vídeo, ao que acodiron máis dun cento de persoas para ver os tan esperados spots, estivo presidido polo Concelleiro de Servizos Sociais Óscar Manuel Rey Calo, polo director Manuel Varela Domínguez, pola traballadora social Rosario Canosa Martínez, pola educadora familiar Dolores Blanco Verdía e por Marta Sanz Lorenzo, educadora social de SENES.

As creadoras e creadores deste material audiovisual dirixidos pola empresa SENES CIT, foron as seguintes: Lorenzo Amado Dourado, Nerea Carabel Rodríguez,, Sheila Cousillas Amado, Miguel Estramil Costa, Sergio Fariña Corral, Irene Freijeiro Mato, Alejandro González Janeiro, Tamara Lamas Iglesias, Alicia Martínez Gómez, Adela Moreira Nogueira, Leticia Recarey Pérez, María Isaura Rivera García, Verónica Rodríguez Pérez, Estela Suárez Gómez, Noemí Suárez Martín, Melani Velo Castro, Yara Castro Ortega, Tamara Cores Pena, Paula Pombo Pérez, Tania García Vidal, Yessica Pena Caamaño.

Máis actividades polas escolas

Nos vindeiros días continuarán con accións formativas noutros colexios do Concello. O pasado luns comezaron a actividade Conto Contigo, destinada a elaborar un libro sobre igualdade por parte dos alumnos de primaria do CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da man de Óscar M. Rey Calo, Concelleiro de Cultura, Servizos Sociais e Normalización Lingüística.

Etiquetas: , , ,

6 Comentarios

  1. [...] A mocidade de Ponteceso Rec.Apacita sobre a Violencia de Xénero con spots audiovisuais. [...]

    Pingback por A Xunta apura o proceso de concentración parcelaria de Cores-Nemeño — 1 Decembro 2011 @ 10:24

  2. [...] Cee xa ten guión para loitar contra a violencia de xénero. E tamén ten cartel. Pois a campaña polo 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero que aretllou o Concello de Cee tiña dúas propostas entre os alumnos dos centros educativos do concello: unha de cartelería tradicional e outra en formato audiovisual, como veñen de presentar co proxecto Rec.Apacita dende o Concello de Ponteceso. [...]

    Pingback por As mulleres de Cee pensan o que sinten — 2 Decembro 2011 @ 09:21

  3. [...] A mocidade de Ponteceso Rec.Apacita sobre a Violencia de Xénero con spots audiovisuais. [...]

    Pingback por A Galería Mulleres lembra este mes de decembro á imprescibible Concepción Arenal — 2 Decembro 2011 @ 10:03

  4. [...] A mocidade de Ponteceso Rec.Apacita sobre a Violencia de Xénero con spots audiovisuais. [...]

    Pingback por Un concurso de curtas co móbil — 2 Decembro 2011 @ 11:33

  5. [...] proxectos audiovisuais da Costa da Morte co gallo do Día contra a Violencia de Xénero. Unha dende Ponteceso co proxecto Rec.Apacita, e outra en Cee co I Concurso de Guións Cinematográficos: ”Cine nas aulas para a promoción da [...]

    Pingback por As curtas da mocidade da Costa da Morte contra a violencia de xénero — 2 Decembro 2011 @ 14:09

  6. [...] A mocidade de Ponteceso Rec.Apacita sobre a Violencia de Xénero con spots audiovisuais. [...]

    Pingback por O Concello de Muxía dedica o mes de febreiro da Galería Mulleres a María Reimóndez — 2 Febreiro 2012 @ 09:40

Canal RSS dos comentarios da entrada.

Este formulario de comentarios está pechado neste momento.