Bisbarra, Corcubión, Zas
Ubaldo Cerqueiro - 30 Novembro 2011 - 08:10 | Comments Off

A Deputación prantexa dende a diáspora a unión de Concellos


Diego Calvo con Carlos Ameijeiras na sede da Sociedad de Corcubion

Intentando achegarnos á diáspora, trataremos de achegar novas emigrantes a QPC. E a primeira que nos chega é a visita institucional do Presidente da Deputación Diego Calvo á recén estreada sede da Sociedad de Corcubión en Bos Aires.

Calvo visitaba a chamada 4ª cidade galega para achegarse aos centros coruñeses de Arxentina. Así, visitou as asociacións Ayuntamiento de Hijos de Zas, Unión de Residentes del Ayuntamiento de Curtis e o Centro Betanzos, cos que asinou diferentes convenios de colaboración económica.

Pola tarde, a cita máis esperada era a visita á Asociación Benéfica y Cultural del Partido de Corcubión, que recibira máis de 35.000€ para a remodelación da sede. O presidente da entidade Carlos Ameijeiras (ao que o noso colaborador Manuel Suárez Suárez adicaba o su último artigo) amosou as novas instalacións e valorou moi positivamente a visita.

Pola súa banda, Calvo explicou “a necesidade de estar aquí para decatarse de todo o que estes colectivos fan, moitas veces con poucos cartos”. Así, escoitou as peticións dos galegos na diáspora, que non son outras que “que non nos esquezan”.

A pregunta da sesión foi o posible agrupamento dalgún dos 98 concellos da provincia, como xa avisara o pasado mes de decembro de 2010. “Sobre o papel coincidimos en que son demasiados, pero cando hai que dar o paso aparecen os problemas”. Un xeito de abrir o debate en todo o país dende a diáspora.

Artigos relacionados

Novas relacionadas

Fonte

Etiquetas: , , , ,

Non hai comentarios

Aínda non hai comentarios.

Canal RSS dos comentarios da entrada.

Este formulario de comentarios está pechado neste momento.