1ª Autonómica G1, 2ª Autonómica G2, 3ª Autonómica G5, Cadete 2ª Autonómica G3, Cadete Liga Galega G1, Deportes, Fútbol, Infantil 2ª Autonómica G3, Preferente Autonómica Norte, Xuvenil 1ª autonómica G3, Xuvenil 1ª autonómica G4, Xuvenil Liga nacional G1
Ubaldo Cerqueiro - 5 Xaneiro 2012 - 13:47 | Comments Off

Volve o fútbol da Costa


Gran entrada en Agra de Filgueira -Foto-Edu Olveira

Volve o fútbol da Costa tras este partón invernal e esperemos seguir vendo os campos así de cheos. Parón que servíu para recuperar folgos, recuperar futbolistas e facer unha minipretemporada para afrontar a segunda parte da campaña. Pero tamén servíu paramover fichas.

Así, apuntamos algún que outro movementos no fútbol costeiro. Manolo Corredoiro volve ao Zas e colle o relevo de Felipe Solís. Ademais, despois da dimisión de Severino como adestrador dos xuvenís, colle o equipo César, en colaboración co propio Corredoira.
Entrementres, a SCD Malpica incorporou oficialmente ao dianteiro Tato, que o ano pasado militou no Atlético Arteixo.

Xa no tocante á xornada destes 7 e 8 de xaneiro de 2012, comezamos a previa pola Preferente. Importante enfrontamento directo entre Santa Comba e Soneira, que servirá para pulsar os estados destes dous equipos en diferentes situacións; un cadro laranxa que busca seguir arriba, e un Soneira que quere afastarse do pozo.
Ademais, o Dumbría visita o campo do 5º, o Boiro, e o Xallas o do Unión.

Na , o exilio do Cee en Ara Solis obriga aos xuvenís fisterráns a adiantar o seu encontro co Corcubión para o venres. Os de Llanero reciben ao Imperátor nun choque directo e coa imperante necesidade de gañar aos coruñeses para deixalos a tan só 1 punto de distancia. Pola súa banda, o Ponteceso, que non se pode despistar, visita a un Estudiantil na zona morna.

O ano na Liga da Costa comeza con dous choques na xornada sabatina. O Fisterra recibe ao San Lorenzo, choque no que os locais buscarán seguir detrás do dúa de líderes, e os de Verdillo precisan punturar para saír do descenso. Ademais, a tarde do sábado tamén terá protagonismo o choque do co líder, Club do Mar ante o Nantón. Xa o domingo, o Camariñas buscará repetir ou mellorar o resultado dos caioneses ante o pechacancelas, O Pindo.
A xornada ten outros puntos de interese, como a proba de Corredoira a fronte do Zas no Conco ante o Dumbría B, que de perder pode meterse en zona de perigo. Pero o que pode considerarse o partido da semana vai ser ese derbi muradán entre Esteirana e Muros, que de seguro encherá o Xosé Vara Oliveira.

Na, o 2012 comeza quente. O sábado xa temos un Porteño-Carnota que medirá se o cadro camariñán se alonxa case que definitivamente da loita, mentres que os de Alfredo Cambeiro buscarán manter a 2ª praza e achegarse ao líder. Un Cabana que tamén xoga o sábado ante o Volantes, noutro dos partidos da semana, pois enfronta ao 1º contra o 7º. Nesa loita polas 6 primeiras prazas, tamén haberá que estar atentos ao Cerqueda (6º) – Fisterra B (10º pero só a 2 puntos). Ademais, Outes, Coristanco e Montelouro terán encontros, a priori, sinxelos.

As curtas Ligas Xuvenís afrontan xa o seu treito final con tan só 4 xornadas para o seu remate, coa loita por meterse entre os 4 primeiros como principal atractivo. Polo sur, o Cee, líder destacado e xa clasificado para a fase de ascenso, medirase ao Outes, que mantén a 3ª praza pero só con 2 puntos sobre o 5º, o Soneira. Os soneiráns, que se miden ao pechacancelas Muros, están empatados co Santa Comba, que o terá algo máis complicado ante o Mazaricos. Ademais o Fisterra, 2º, terá un encontro, o venres, de rivalidade ante o Corcubión (ollo que de gañar aínda se pode meter na loita).

Polo norte a cousa está parella. O Malpica buscará seguir coa súa pegada ante un Ponteceso que precisa gañar para non descolgarse da 4ª praza. É o Baio o que a ten nestes intres, pero os de Nacho terán un choque directo ante o Camariñas, 3º con 4 puntos sobre Baio e 5 sobre Ponteceso. Ademais, o Dumbría B enfrontarase a un Cabana descartado.

A 2ª Cadete segue dominada polo Dumbría, que recibirá ao Soneira, 5º, a 13 puntos. 2º a 6 do líder, está o Santa Comba, que sen enfrontará ao Porteño, mentres que Cee e Esteirana, aínda con opcións, terán “derbis” ante Fisterra e Muros.
Ademais, en Infantís, Cabana e Dumbría seguen a súa loita fraticida á fronte da clasificación, cun Cee a tan só dous puntos. Os tres terán encontros que deberán solventar con vitoria.

E no tocante ás Ligas de Veteranos, tan só se disputan 3 encontros aprazados no seu día.

Preferente, xornada 18

Boiro 08/01 – 16:00 Dumbría
Santa Comba 08/01 – 16:00 Soneira
Unión 08/01 – 16:15 Xallas

1ª Autonómica, xornada 17

Estudiantil 08/01 – 16:00 Ponteceso
Cee 08/01 – 16:00 Imperator

2ª Autonómica, xornada 17

Fisterra 07/01 – 16:00 San Lorenzo
Club do Mar 07/01 – 16:00 Nantón
Dumbría B 08/01 – 16:00 Zas
Esteirana 08/01 – 16:00 Muros
Malpica 08/01 – 16:00 Mazaricos
Corme 08/01 – 16:00 Castriz
Sofán 08/01 – 16:00 Corcubión
Camariñas 08/01 – 16:00 O Pindo
Baio 08/01 – 16:00 Buño

3ª Autonómica, xornada 21

Porteño 07/01 – 16:00 Carnota
Volantes 07/01 – 16:30 Cabana
Indep. Carballo 07/01 – 18:00 Soneira B
Coristanco 08/01 – 16:00 Muxía
Montelouro 08/01 – 16:00 Xaviña
Corcoesto 08/01 – 16:00 Laxe
Alcaián 08/01 – 16:00 Camelle
Cerqueda 08/01 – 16:00 Fisterra B
Outes 08/01 – 17:00 Lira

Liga Nacional Xuvenil, xornada 16

Bergantiños 08/01 – 12:00 Calasanz

Liga Xuvenil Sur, Gr.3, xornada 15

Fisterra 06/01 – 16:30 Corcubión
Soneira 07/01 – 16:00 Muros
Santa Comba 07/01 – 16:00 Mazaricos
Dumbría 07/01 – 18:00 Esteirana
Outes 07/01 – 18:00 Cee

Liga Xuvenil Norte, Gr.4, xornada 19

Dumbría B 07/01 – 12:15 Cabana
Laxe 07/01 – 16:00 Zas
Coristanco 07/01 – 16:00 Muxía
Malpica 07/01 – 16:00 Ponteceso
Camariñas 07/01 – 18:15 Baio

División de Honra Cadete, xornada 16

Alondras 07/01 – 16:00 Bergantiños

2ª Cadete, xornada 17

Muxía 07/01 – 10:30 Camariñas
Ponteceso 07/01 – 10:30 Outes
Fisterra 07/01 – 10:30 Cee
Esteirana 07/01 – 10:30 Muros
Coristanco 07/01 – 10:30 Cabana
Dumbría 07/01 – 10:30 Soneira
Porteño 07/01 – 12:00 Santa Comba
Malpica 07/01 – 16:00 Zas

2ª Infantil, xornada 17

E.M.F. Vimianzo 07/01 – 18:30 Os Miudos
Con. de Carnota 08/01 – 10:30 As Baleas
Esteirana 08/01 – 10:30 Dumbría
Fisterra 08/01 – 10:30 Baio
Cabana 08/01 – 10:30 Muxía
Ponteceso 08/01 – 12:00 Santa Comba
Cee 08/01 – 16:30 Coristanco

Ligas de Veteranos

Partidos atrasados

Zas 08-01 San Román
Corcubión 08-01 Bértoa
Vimianzo 08-01 Bergantiños

Máis información

Máis novas

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.com).

Etiquetas: , , , , ,

Non hai comentarios

Aínda non hai comentarios.

Canal RSS dos comentarios da entrada.

Este formulario de comentarios está pechado neste momento.

 
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE