Carnota, Festas
Ubaldo Cerqueiro - 23 Febreiro 2012 - 09:34 | Comments Off

A sátira invadíu os entroidos de Carnota, Lira e O Pindo


Urdangarín e a Infanta foron uns dos protagonistas do entroido de Lira - Foto: AC Canle

Presentaba o Concello de Carnota un completo programa realizado a medias coas entidades sociais. E precisamente iso é o fai tan potente, ese protagonismo das asociacións, isto é, dos veciños, fai que todo o Concello saia ás rúas tanto no Pindo, como en Carnota, en Caldebarcos en Lira ou en Lariño.

As rúas viviron o seu desfile de comparsas de toda a vida, con auténticas carrozas agrícolas que demostran onde estamos. O Monte Pindo foi protagonista, e deixou ver que non todo o pobo de Carnota sente que o Parque Natural sexa a solución. E o sentir indignado tamén tivo o seu protagonismo, e os Urdangarines e as Duquesas de Alba foron algúns os protagonistas.

Venres en Carnota

O pasado venres celebrouse no pavillón de Carnota unha festa de Entroido. A participación foi abundante, con máis de un cento de nenos e nenas que o pasaron en grande nos inchables, e que gozaron cos xogos e o obradoiro de maquillaxe, guiados polas animadoras.

No marco desta celebración tivo lugar o concurso de orellas, que todos os asistentes puideron degustar e un xurado, encabezado por un profesional da restauración, premiou “as mellores orellas de Carnota” cunha placa.

As mellores orellas de Carnota

Inmediatamente despois fíxose o desfile de disfraces dende o polideportivo ata a estrada xeral, para que todo o pobo puidese admirar os distintos disfraces e o xurado puidese tomar unha decisión.
Na categoría infantil os disfraces premiados foron o de martelo, pola súa orixinalidade, e o de góticas. Na categoría de comparsas a decisión estivo complicada. Presentáronse tres a concurso: O Circo de Carnota, Urdangarín e todo o seu séquito e Os Songokus. Finalmente, o premio foi parar á comparsa O Circo de Carnota, pola mellor posta en escena.

Comparsa do Circo de Carnota

O luns celebrouse con moito éxito o obradoiro “O Entroido tradicional en Carnota”, no que se produciu un bonito encontro interxeracional entre un grupo de nenas e os maiores do Centro de Día. Todos xuntos viron un vídeo do Entroido celebrado en Carnota no ano 1992 e os maiores contáronlles ás nenas participantes como vivían estas festas cando eran mozos. Finalmente, axudáronlles ás pequenas a vestirse con roupas vellas que trouxeran da casa e todos xuntos compartiron bailes e cancións.

Un entroido Vikingo no Pindo

Festón viquingo no Pindo - Foto: Pedramar

Impresionante a sátira cómica do Pindo sobre o Olimpo Celta. A familia xigante de vikingos e celtas da ACDR Pedramar case que rubiron as ladeiras do monte para conquistalo cumio, para facer propia, e de nunguén máis, a Moa.

Non quedaron aí as conquistas e percorreron toda a vila do Pindo para sometela baixo a orde salvaxe.

As carrozas viquingas invadiron O Pindo e o Monte - Foto- Pedramar

A festa rematou na mesma praza do Pindo, nunha tremenda carpa habilitada para o máis importante, a “papatoria”. Uns 130 comensais disfrutaron coa laconada, e o bailoteo, para rematar un entroido máis que simpático. Non sen antes proceder ao Entroido de don Facundo, na xornada dominical.

Familia Vikinga do Pindo - Foto- Pedramar

Lira indignada

A Duquesa de Alba en Lira - Foto- AC Canle

Chegou Urdangarín a Lira para amosar todo o amasado co Instituto Noos. E con el tamén estivo a Duquesa de Alba, outra das grandes protagonistas do entroido da Costa da Morte, pois xa a vimos por Vimianzo ou por Fisterra. E xa que estamos cheos de glamour a Duquesa acodíu ao porto para recibir á Familia Real Inglesa, que desembarcaba do Costa Discordia… aí é nada.

Desembarco Familia Real Inglesa do Costa Discordia no Porto de Lira


Porto de Lira ateigado para recibir a familia real inglesa


A Familia Real Inglesa no Porto de Lira - Foto- AC Canle

Os veciños utilizaron o gac do Parque Natural, e pediron que Escabaleiras tamén fose protexida. De feito, tralo pasarrúas do San Caralampio, a festa rematou en Escabaleiras, para proceder á compra dos terreos ocupados…

A especulación e o Parque Natural foron obxectivos da sátira liracha - Foto-AC Canle

Máis información

Máis entroidos

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Etiquetas: , , , , , , ,

Non hai comentarios

Aínda non hai comentarios.

Canal RSS dos comentarios da entrada.

Este formulario de comentarios está pechado neste momento.

 
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE