Camariñas, Deportes, Outros Deportes
Ubaldo Cerqueiro - 28 Febreiro 2012 - 08:31 | 5 Comentarios

Só David García Pichel dá unha alegría ao balonmán costeiro


O carballés David García Pichel pasalle ao vigués Diego Piñeiro no Campionato do Mediterráneo coa Selección Española Xuvenil

Mala xornada para os equipos costeiros na Liga Estatal, que tiñan, iso si, un ollo posto no 9º Campionato do Mediterrenáneo. Alí competía a Selección Española Xuvenil, na que participaba un xa habitual, o xogador do Calvo Xiria, de 1ª Estatal, e do Ifecgás Pereira Xiria, David García Pichel.
A selección proclamouse ademais campióna do “9º Campeonato Mediterráneo”, disputado durante toda a pasada semana na localidade portuguesa de Lagoa. O combinado nacional que caía derrotado no derradeiro encontro da segunda fase ante Portugal, aínda que xa estaba clasificado para a final, impoñíase na gran final ante os lusos por un claro 31-19.

O xogador carballés anotaba 4 tantos na final, dando unha alegría ao balonmán costeiro. Debemos destacar tamén a aportación durante todo o campionato doutros dous xogadores galegos que formaron coa selección, o vigués Diego Piñeiro, xogador do Ademar de León, e o coruñés Ángel Iglesias, xogador do OAR.

Xa no tocante á 20ª xornada da Liga Estatal, ambos conxuntos pincharon. O Bm. Camariñas tiña unha final ante o pechacancelas e tras facer un ruinoso partido quedan con tan só 1 punto de vantaxe sobre o SAR e xa a 2 do 12º e a 7 do 11º.
Pola súa banda o Calvo Xiria caía ante o Paraxe Construcciones nun partido no que se xogaba moito o cadro carballés para non perder a estela do grupo de cabeza. Non defraudou ningún dos contendentes, que puxeron no Municipal de Chapela todo da súa parte para acadar o triunfo. Ao final os dous puntos quedaron en terras pontevedresas. O Calvo ve coma se afastan, aínda máis, os dous primeiros clasificados cando tan só quedan doce puntos en xogo.

SAR Plasticum – Bm. Camariñas (34-22)

  • BM. CAMARIÑAS: Cristian (p), Víctor (p), Alan (4), Fari (29, Fabián (2), Felipe (4), Pombo (2), Quin, Moncho, Catalán (6), José Ramón (1), Xabi, Perón, Antelo (1).

Paupérrimo partido do Camariñas ante a Sociedade Atlética. Peor non se puido xogar ante un rival directo, o partido entregar aos rivais antes do inicio do encontro, xa soamente coa actitude do arrequecemento víase a unha SAR totalmente centrada no partido, ante un equipo
visitante, Camariñas, que practicamente non quentou, e o pouco que o fixo foi frouxo e con desidia. Consecuencia diso foi que ao comezo do encontro perdéronse ata 10 balóns practicamente consecutivos, ben por recepcións defectuosas, malos pases e tiros en superioridade que foron ás nubes. Os rivais, sabendo o que se xogaban saíron concentrados, motivados e aleccionados en como facer fronte ao Camriñas. A resposta do Boya foi apática, coma se non se xogase nada no envite, entregando o partido aos poucos minutos, véxase que a SAR non
utilizou os dous tempos mortos que lle correspondían no segundo período.

Así, o Conservas ahcégase ao posto do pechacancelas, nesta experiencia en 1ª división, onde polo que se viu non existen equipos superiores en calidade técnica, pero si en actitude e formulación.

Paraxe Construcciones – Calvo Xiria (30-26)

5 Comentarios

  1. [...] Balonmán [...]

    Pingback por Axenda deportiva da fin de semana na Costa da Morte — 2 Marzo 2012 @ 09:10

  2. [...] Xornada 20: Só David García Pichel dá unha alegría ao balonmán costeiro. [...]

    Pingback por Escápase a permanencia para o Bm. Camariñas — 6 Marzo 2012 @ 12:12

  3. [...] Xornada 20: Só David García Pichel dá unha alegría ao balonmán costeiro. [...]

    Pingback por David García Pichel triunfa en Europa mentres a 1ª Estatal remata con derbi — 3 Abril 2012 @ 10:20

  4. [...] Xornada 20: Só David García Pichel dá unha alegría ao balonmán costeiro. [...]

    Pingback por Carballo vivirá unha intensa fin de semana co mellor balonmán xuvenil — 26 Abril 2012 @ 08:48

  5. [...] Xornada 20: Só David García Pichel dá unha alegría ao balonmán costeiro. [...]

    Pingback por O Balonmán carballés, entre os 8 mellores de España — 30 Abril 2012 @ 17:32

Canal RSS dos comentarios da entrada.

Este formulario de comentarios está pechado neste momento.

 
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE