Muros
Ubaldo Cerqueiro - 8 Marzo 2012 - 07:15 | Un Comentario

O BNG rexeita a proclamación de tres alcaldes da época franquista como fillos predilectos de Muros


Reponsables do BNG de Muros

Segue de actualidade a proposta do PSOE de muros de proclamar 3 alcaldes da época franquitas como fillos predilectos de Muros. Unha proposta que nacía trala inciativa do BNG de distinguir con ese galardón a Domingo Dosil, moito máis que un alcalde para a sociedade de Muros.

A alcaldesa Carida González xustifica a súa proposta dicindo que, unha vez proclamado Domingos Dosil, estes tres alcaldes son os únicos que quedan sen ser proclamados fillos predilectos.

As mocións foron votadas na comisión de hornas, sendo aprobada por unanimidade a condecoración de Domingo Dosil, e aprobada cos votos a favor de PP e PSOE e en contra do BNG, a proposta da alcaldía.

Dende o BNG anuncian que tamén votarán en contra no pleno que ten que tomar a decisión definitiva, por considerar que “esta proposta da alcaldesa unicamente pretende diluir e minimizar o papel de Domingos Dosil na nosa sociedade”. Ademais instan á alcaldesa a “remontarse na historia para saber cantos alcaldes faltan por nomear”.

Novo pleno

Hoxe, 8 de marzo de 2012, hai nova sesión ordinaria do Pleno da Corporación Municipal ás 20:30 horas na Casa do Concello. De non acadar quórum terá lugar, en segunda convocatoria, dous días máis tarde á mesma hora.

Os asuntos do día serán a moción do PSdG-PSOE con motivo do Día Internacional da Muller, así como a tamén moción socialista en relación co RD Lei 3/2012, de medidas urxentes para a reforma do mercado laboral a nivel estatal.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Muros.

Etiquetas: , , , , ,

1 Comentario

  1. [...] O BNG rexeita a proclamación de tres alcaldes da época franquista como fillos predilectos de Muros. [...]

    Pingback por Continúa a polémica nos Xulgados de Muros pola expulsión da voceira do BNG dun pleno — 15 Marzo 2012 @ 10:20

Canal RSS dos comentarios da entrada.

Este formulario de comentarios está pechado neste momento.