Deportes, Outros Deportes
Ubaldo Cerqueiro - 13 Marzo 2012 - 07:25 | 2 Comentarios

O Bm. Camariñas tamén perde xogando ben


Bo partido do Camariñas en León, e a pesar de todo caía derrotado ante o 4º clasificado. A pesar do adverso do resultado, se o cadro conserveiro xogase así todo o campionato, de seguro que non estaría coqueteando co faroliño vermello a estas alturas da competición. O Boya xogou, convenceu, pero non gañou, outra vez será, pois co xogo realizado en terras leonesas, seguro que se gañan máis partidos.

Pola súa banda, o Calvo Xiria visitaba ao Bm. Porriño, sólido líder da categoría na vixésimosegunda xornada da liga de 1ª Estatal, e acadaba un punto, froito do resultado de empate a 35 goles, que soubo a pouco nas filas carballeses visto o que aconteceu nos derradeiros cinco minutos.

Nova convocatoria de David García Pichel

Entrementres o que segue a traer boas novas é o carballés David García Pichel, que volve ser convocado coa Selección Española Xuvenil. David xa se atopa, dende onte ata o día 15, en Guadalaxara, nunha concentración co fin de preparar a fase de clasificación para o Campionato de Europa.

Univ. León ADEMAR – Bm. Camariñas (32-24)

  • BM. CAMARIÑAS: Cristian (p), Víctor (p), Fary (2), Fabián (5), Pombo (2), Quin (1), Damián, Borja (4), Moncho, Salva (2), Catalán (4), Xabi (2), Perón, Antelo (2).

O Conservas Boya empezou moi ben o partido en casa do ADEMAR de León pero aos poucos os locais fóronse facendo cun partido que comezara cun sorpresivo 0-5, o rodete leonés a base de oficio e adestramento puxo as cousas no seu sitio ao final do primeiro tempo. O Camariñas quixo rotar o banco para manter a frescura, pero os cambios tardaron en axustarse, o que serviu para que se recuperase o León ferido.

Bm. Porriño – Calvo Xiria (35-35)

  • Calvo Xiria: Iago [p], Dubra (6), Miguel (1), Manuel (1), Cuco (5), Alex García, David (8) -equipo inicial- Naya [p], Ramón, Pablo (9, 4 de 7 metros) , Alex Zas (2), Sergio, Ángel (3), Christophe.

Partido sen defensas o vivido no municipal porriñés esta fin de semana. 70 goles entre os dous equipos e con papel estelar dos gardametas de ambos conxuntos, que foron de largo os xogadores máis destacados.

Golpeou primeiro o conxunto local que foi o que se fixo co mando do partido froito do acerto no ataque e nas primeiras paradas de Antón. Puido correr sinxelos contraataques para ir marcando o camiño mentres pola contra o Calvo parecía non ter chegado ao pavillón. Catro goles de vantaxe a falta de cinco minutos para o tempo de lecer deixaban ben ás claras quen fora o dominador… pero foi nese intre cando o Xiria espertou e comezou a correr como non o tivera feito antes. O resultado foi claro, un parcial de 2-5 que deixaba as espadas en todo o alto para os trinta minutos que faltaban por xogar.

Os primeiros trece minutos foron un calco dos da primeira metade, un Porriño máis enchufado que recuperaba folgos e mandaba de novo no partido. Pero pouco a pouco o Calvo impuxo o ritmo que máis lle interesaba e o partido igualouse, entrando nos derradeiros cinco minutos con todo por decidir. Os carballeses tiveron os dous puntos na súas mans, pero dous erros no minuto final puñan o empate en bandexa ao Porriño, que aproveitou perfectamente o agasallo.

Vindeira xornada

  • O sábado 17 de marzo ás 18:30h o Boya no Areal ao Cisne de Pontevedra, equipo onde xoga o ex-camariñan Canedo.
  • O sábado 17 de marzo ás 18:30h no Municipal Vila de Noia o Calvo Xiria recibe ao SAR de Redondela no penúltimo partido na casa.

Máis información

Crónicas 2011/2012

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
  • Notas de prensa do Balonmán Camariñas e do Calvo Xiria.

Etiquetas: , , , , , , , , ,

2 Comentarios

  1. [...] Xornada 22: O Bm. Camariñas tamén perde xogando ben. [...]

    Pingback por O Conservas afunde mentres o Xiria mantén a liña e o Bm. Xallas se forma — 20 Marzo 2012 @ 17:23

  2. [...] Xornada 22: O Bm. Camariñas tamén perde xogando ben. [...]

    Pingback por David García Pichel triunfa en Europa mentres a 1ª Estatal remata con derbi — 3 Abril 2012 @ 12:52

Canal RSS dos comentarios da entrada.

Este formulario de comentarios está pechado neste momento.