Malia que Xunta asegura que a Autovía rematará nos prazos establecidos (rematar o treito entre Carballo e Berdoias no 2013), o BNG de Bergantiños insiste en denunciar a parálise das obras. I é que estes días a maquinaria está parada dende este venres 13 de abril, e mesmo hai algunha que está a ser retirada da zona, como nos contrasta o lector Braulio García dende a zona de Zas na estrada de Santiago. Braulio afirman que pasaron alo menos “10 camións con palas e outras maquina”.
O BNG denuncia que “as obras da autovía da Costa da Morte están totalmente paralizadas, descoñecendo totalmente os propios traballadores cando poderán reanudarse as obras”.
Pola súa banda a Xunta afirma que dado o bo tempo, as obras avanzaron máis do previsto e a empresa, coas dificultades financieiras habituais nos tempos que corren, teñen que adecuar a marcha das obras á súa estabilidade económica.
Agora, a UTE formada por Taboada y Ramos, Copasa, CRC e Covsa, segue na procura de financiamento para retomar as obras, “sendo ela como empresa adxudicataria a que marca os prazos”, segundo apunta a Xunta.
O BNG asegurou que presentará unha iniciativa no Parlamento Galego preguntando pola parálise.
Novas relacionadas
- 03-04-12: Paralizadas as obras da Autovía?.
- A Xunta explica o Plan Revive na Costa da Morte.
- Os Concellos apretan o cinto.
- Fotodenuncia: Herba na VAC.
- Accidente laboral en Cabana nas obras da Autovía.
Fonte
- Nota de prensa do BNG.
Etiquetas: autovia, bng, costa da morte, obras, parada, paralizada, vac, xunta
























[...] O pasado venres coñeciamos que obras da Autovía están paralizadas. I é que segundo a Xunta as dificultades financieiras da UTE adxudicataria obrigaron a ralentizar o ritmo das obras, a verdade, bastante avanzadas para o que estamos acostumados. Hoxe, BNG e PP amosan os seus contrarios pareceres sobre esta suposta parálise. [...]
Pingback por O BNG sospeita que a Autovía sexa de peaxe e o PP critica a súa política do medo — 18 Abril 2012 @ 09:16
[...] esixencia chega o mesmo día que a Xunta anuncia a volta ao traballo das máquinas (tras case 2 meses de parálise no que ata houbo roubos de gasolina nas máquinas). Pero aquí volvemos ter un conflito de prazaos, [...]
Pingback por As máquinas volven á Autovía e a Xunta asegura que se cumplirán os seus prazos — 6 Xuño 2012 @ 08:33
[...] Agustín Hernández insistía que as obras da Autovía non estaban paralizadas, os camións xa non estaban en marcha dende abril. Daquela, o Conselleiro ratificaba que a infraestrutura estaría rematada en 2013 e que as obras xa [...]
Pingback por A Xunta recoñece case un ano de parálise na Autovía Costa da Morte — 5 Febreiro 2013 @ 10:00