Bisbarra
Ubaldo Cerqueiro - 19 Abril 2012 - 07:35 | Un Comentario

Asoar volve ao Parlamento Europeo como voz da pesca artesanal española


Embarcación de baixura no porto de Fisterra coa pancarta da Asoar-Armega

Xa é a de hoxe a 4ª vez que a Asoar Armega levará a voz da Pesca de Baixura Galega ao Parlamento Europeo. Unha nova demostración da incidencia desta entidade radicada na Costa da Morte que representa a todo sector peninsular.
Pero cómpre lembrar que a súa incidencia é debida ao recoñecemento dentro do sector, que podemos comprobar coa resposta á iniciativa que propuxo a entidade de colocar pancartas reivindicativas co slogan “TACS AND DISCARDS ZERO = SUSTAINABLE COASTAL FISHERIES” (TACs e descartes cero = pesca artesanal sostible). De feito, máis de 100 barcos da zona, xa a teñen posta, como a que vemos no porto fisterrá.

A Dinamarca co Ministro

Así, hoxe mesmo, xoves 19 de abril, o presidente da Asociación de Armadores de Artes Menores de Galicia (Asoar-Armega) Luís Rodríguez, foi convidado polo Goberno Danés, que é o que na actualidade ostenta a presidencia europea, para representar á pesca artesanal española nunha recepción no Parlamento Europeo co ministro de Medio Ambiente Danés. En esta reunión tratarase dentro da reforma da Política Pesqueira Común, as problemáticas e necesidades da pesca artesanal sostible, sendo unha das principais motivacións da asociación o conseguir un marco específico para a pesca artesanal.

Esta invitación produciuse por medio de Greenpeace, grazas a intensa colaboración que entre as dúas entidades se ven realizando en defensa dunha pesca máis sostible e respectuosa co medio ambiente mariño.
Na xornada que estará presidida por Mette Gjerskov, Ministro Danés de Alimentación, Agricultura e Pesca participarán ademais de Aroar-Armega diferentes ONGs como Greenpeace, OCEAN 2012, BirdLife Europeo, Oceana ou WWF.

E ollo, porque Luís irá acompañado por outro mariñeiro muradán (o pósito de Muros uniuse para pagar a viaxe a outro marineiro e que poida comprobar en primeira persoa o traballo da ASOAR a nivel europeo) e teñen preparada unha pancarta para que a Comisaria Europea non esqueza a pesca artesanal galega. Verémolo nos vindeiros días.

A 4ª comparecencia europea

Esta non é a primeira vez que esta Entidade vai como convidada a expoñer as súas ideas fronte ao Parlamento Europeo, e tendo en conta a próxima publicación da PPC, onde polo visto no seu borrador a pesca artesanal vai carecer de importancia, dende a Asociación consideran que “é moi importante que se conte con nós para levar a voz da pesca artesanal por Europa, onde defenderemos sempre os intereses deste segmento da flota”.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Etiquetas: , , , , , , , , , , , , , , , ,

1 Comentario

  1. [...] 17-05-12: Asoar volve ao Parlamento Europeo como voz da pesca artesanal española. [...]

    Pingback por A Asoar-Armega compromete a Dinamarca coa pesca artesanal — 24 Abril 2012 @ 08:00

Canal RSS dos comentarios da entrada.

Este formulario de comentarios está pechado neste momento.