Nova visita institucional ao treito Carballo-Berdoias da Autovía da Costa da Morte tralas críticas da oposición pola suposta parálise das obras e pola posible implantación dunha peaxe. Onte, o Conselleiro Agustín Hernández quixo ratificar o compromiso da Xunta para coa infraestrutura, asegurando que “o vindeiro ano poderá circularse entre Carballo e Berdoias a través dunha autovía libre de peaxe”.
E fai este anuncio coincidindo coa publicación no DOG da Declaración de Impacto Ambiental do terceiro tramo, o de Berdoias-Cee, que analizaremos estes días.
O Conselleiro apuntou que “a porcentaxe de execución da Autovía da Costa da Morte xa acada o 22%”. Son cifras máis avanzadas das previstas por mor do bo tempo durante os primeiros meses do ano. Precisamente por iso, e polas dificultades financieiras da UTE concesionaria (Copasa – Covsa – CRC – Taboada y Ramos), as obras están en pausa, “que non paralizadas”, asegura.
Se Diego Calvo afirmaba que “as obras pararon en Semana Santa por mor do Convenio da Construción”, a pesar de vermos a maquinaria parada, Hernández indica que “nestes momentos estase a traballar nas labores de movementos de terras, drenaxe, reposición de servizos afectados e inicio das estruturas”.
Hernández manifestou que “a solvencia do Goberno galego e das propias construtoras permitirán á concesionaria pechar o financiamento necesario para o remate da infraestrutura”. E foi máis alá: “A UTE logrará pechar un acordo cos bancos para rematar esta infraestrutura imprescindible para a Costa da Morte”.
Novas relacionadas
- 18-03-12: O BNG sospeita que a Autovía sexa de peaxe e o PP critica a súa política do medo.
- 19-03-12: Marisol Piñeiro confirma o prazo de execución do Parador, da Autovía e do Porto de Sardiñeiro.
- 13-04-12: Os camións da Autovía paran.
- 03-04-12: Paralizadas as obras da Autovía?.
- A Xunta explica o Plan Revive na Costa da Morte.
- Os Concellos apretan o cinto.
- Fotodenuncia: Herba na VAC.
- Accidente laboral en Cabana nas obras da Autovía.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
- Notas de prensa da Xunta.
Etiquetas: autovia, bng, costa da morte, obras, parada, paralizada, peaje, peaxe, pp, vac, xunta























[...] lexislatura imos ter parador e imos ter autovía”, aseguraba Calvo facendo referencia á visita do Conselleiro ás obras da VAC. E desmentiu as acusacións realizadas pola oposición nestas últimas semanas, sinalando que [...]
Pingback por Presentada a renovada xestora do PP de Cee — 24 Abril 2012 @ 08:48
[...] O Conselleiro ratifica unha Autovía rematada no 2013 e sen peaxe. [...]
Pingback por Comenza o proceso de expropiación para a rotonda de Valarés — 25 Abril 2012 @ 08:52
[...] O Conselleiro ratifica unha Autovía rematada no 2013 e sen peaxe. [...]
Pingback por Non chegarán — 4 Maio 2012 @ 10:13
[...] O Conselleiro ratifica unha Autovía rematada no 2013 e sen peaxe. [...]
Pingback por A Xunta inicia as obras na rotonda de Valarés e no Ría Vaa de Malpica e recibe aos afectados da estrada de Laxe — 11 Maio 2012 @ 10:08
[...] da Autovía non estaban paralizadas, os camións xa non estaban en marcha dende abril. Daquela, o Conselleiro ratificaba que a infraestrutura estaría rematada en 2013 e que as obras xa estaban no…, een xuño recoñecía que os movementos de terra xa estaban no [...]
Pingback por A Xunta recoñece case un ano de parálise na Autovía Costa da Morte — 5 Febreiro 2013 @ 10:00