Bisbarra, Vimianzo
Ubaldo Cerqueiro - 6 Xuño 2012 - 07:15 | 4 Comentarios

A Costa da Morte maniféstase contra o fraude forestal


Manifestación contra o fraude forestal en Vimianzo - Foto- Susana Alvite

Podemos estar falando dun dos meirandes fraudes da historia da Costa da Morte. Máis de 300 persoas envoltas nunha trama na que unha empresa e varios bancos vimianceses, en connivencia coa administración, solicitaban subvencións forestais pantasmas a nomes de veciños que non tiñan nin idea do asunto.
I é que falamos de máis de 2 millóns de euros, no que ademais hai claros indicios de delitos de falsificación de documentos, de sinaturas…

Unha fraude que ademais non se quere sacar á luz pois están implicadas as administracións autonómicas, tanto a actual como a do anterior goberno. De feito, as cartas certificadas (abaixo vemos o procedemento con Correos) chegaban asinadas polo propio conselleiro. Ademais, hai que ter en conta que todas estas subvencións están financiadas con fondos europeos.

A xente á rúa

E xa están as mobilizacións na rúa. O pasado venres comezaban as mobilizacións en Buxantes, con máis dun centenar de persoas. E esta mañá de martes 5 de xuño comezaron protestas en Vimianzo, escollida pola Federación Rural Galega FRUGA por ser a sede, tanto da empresa como dos bancos onde se realizaron os cobros e pagamentos fraudulentos, ademais de ser a sede do Distrito Forestal.
O obxectivo detas mobilizacións é “lograr unha resposta da Xunta ás demandas dos e das afectadas, así como a resolución dun conflito que pode afectar a varios centos de veciños e veciñas da Costa da Morte”.

Os participantes do encontro amosaron a súa preocupación, xa que moitos dos presentes eran coñecedores da imputación de grandes cantidades de cartos en concepto de subvencións forestais para traballos en leiras que nen son da súa propiedade, e que eran directamente cobradas pola empresa imputada desde o Xulgado de Corcubión.

A manifestación trascorreu con poucas incidencias, pousando e berrando nas sedes da empresa e das entidades bancarias que participaron na trama. Pero unha cousa sospeitosa incomodou aos veciños: a Garda Civil fixo grabacións dos manifestantes, segundo nos conta Susana Alvite.
Ademais, noutro momento da manifestación, vivíronse momentos tensos, cando un camión de Correos intentou apartar a un dos manifestantes.

Polas entidades bancarias

Manifestacion contra o fraude forestal nas entidades bancarias de VImianzo - Foto- Susana Alvite

Foron uns 50 veciños, sobre todo chegados de outras zonas da bisbarra como Dumbría, os que percorreron as rúas vimiancesas. entraron nas entidades bancarias implicadas: La Caixa, o Banesto, e o Banco Pastor, pero non conseguiron información de ningún tipo, se ben en Banesto si indicaban se tian aberta algunha conta ao nome dos veciños que preguntaron.

As entidades só sinalaron as contas implicadas na trama se pecharon este mes de xaneiro. Pero hai unha afectada que denunciara á empresa os pasados meses que asegura que a empresa aínda cobrou en xaneiro cartos de subvencións.

Correos implicado

A mobilización chegou ata Correos, i é que a empresa pública está ben salpicada. A empresa Maceiras creara 2 apartados de correos ex proceso para a trama, e as cartas que chegaban a eses apartados, certificadas dende a Xunta, as asinaban en Correos e as recibía a empresa implicada, sen que os veciños tivesen constancia.
Así, a xente non se enterou ata que chegou algunha carta de facenda. Tamén houbo un caso singular, no que unah das carteiras que non estaba ao tanto da trama, coñecía á familia á que ía dirixida á carta, e levoulla á casa. Foi así como se enteiraron de que se pedira unha subvención para a limpeza dunha das súas leiras, que en ningún momento fora realizada.

Responsabilidades da Xunta

Segundo a FRUGA, “tanta ou mais indignación que o proceder dos empresarios denunciados causa tanto a implicación das entidades bancarias, como a propia responsabilidade da Xunta en todo este proceso”. Entendese que “é imposible que desde a Administración non se tivera ningunha sospeita ao respecto da tramitación fraudulenta destas axudas, polo que todo parece indicar que alguén poderiía ter colaborado con esta trama desde a propia administración”.

Vindeiras accións

Os convocantes aseguran que “estas primeiras accións non son senón o inicio dunha campaña para esclarecer definitivamente o acontecido coa tramitación e adxudicación destas axudas”. Deste xeito xa definiron un calendario de mobilizacións e solicitarán, “independentemente da vía xudicial, unha investigación a fondo do acontecido e unha solución colectiva ao problema criado”.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
  • FRUGA.
  • Información de Susana Alvite.

Etiquetas: , , , , , , , , , ,

4 Comentarios

  1. [...] A Costa da Morte maniféstase contra o fraude forestal http://www.quepasanacosta.com/?p=16067  por freiriño hai 3 segundos [...]

    Pingback por A Costa da Morte maniféstase contra o fraude forestal — 6 Xuño 2012 @ 08:45

  2. [...] “As máis de dúas horas de protesta en Vimianzo protagonizada polos afectados e afectadas pola trama presuntamente fraudulente para o cobro de subvencións forestais serviu para sacar á rua un problema que se tenta agochar desde distintos estamentos“. Así comeza a valoración da convocante Federación Rural Galega FRUGA sobre as mobilizacións do pasado martes na capital soneirá, i é que ata este día, e xa van máis de 3 meses dende que saía á luz, moita xente non tiña constancia da gravedade do asunto. [...]

    Pingback por A FRUGA critica as excusas de bancos e da Xunta ante o fraude forestal — 8 Xuño 2012 @ 07:02

  3. [...] A Costa da Morte maniféstase contra o fraude forestal. [...]

    Pingback por Por que na Costa da Morte non se protesta polas Preferentes? — 27 Xuño 2012 @ 15:52

  4. [...] o caso do fraude forestal da Costa da Morte no medio da actualidade. Unha actualidade algo tapada pois as grandes cabeceiras tratan de non [...]

    Pingback por O BNG acusa á Xunta de irresponsabilidade no fraude forestal — 2 Xullo 2012 @ 06:59

Canal RSS dos comentarios da entrada.

Este formulario de comentarios está pechado neste momento.