Continúan os malos tempos, en terra, pero tamen na mar. Xa en marzo, alertaban da complicada tesitura económica do sector, e hoxe a Asoar Armega volve denunciar “a difícil situación que está a atravesar a pesca artesanal galega derivada dos acatamentos de TACs”, unha denuncia que veñen realizando dende abril con pancartas reivindicativas en boa parte das embarcacións do país.
A Asoar denuncia que onte “recibíase o comunicado do peche da pesquería da merluza para este terceiro trimestre na modalidade de artes menores, e temos constancia de que existen outras que están a piques de esgotarse. Así constátase unha vez máis, a situación pola que pasan estes pescadores, que cada vez se ven máis limitados na súa actividade pesqueira, ben pola merma das capturas, como é o caso do polbo, ou polo peche continuo de pesquerías cruciais como a pescada, o xurelo ou a xarda“.
Denuncian así que estas medidas “levan a este sector a unha situación económica inviable, con verdadeiros problemas para soster as súas empresas”.
Consideran que “o reparto de stocks de especie que se ten realizado non é acorde coas necesidades reais das pesquerías nin das flotas”. Asemade “tampouco existe unha planificación eficiente que permita solventar estes problemas, así podemos poñer como exemplo a xarda que, cando chega as costas galegas a pesquería encóntrase a piques de pecharse”.
Carta ao Ministerio
Dende a Entidade enviouse, esta mesma semana, unha petición ao Ministerio e outra a Consellería do Mar sobre a necesidade de realizar un reparto do TAC da xarda por Comunidades Autónomas e non por caladoiro como se ten feito. A razón desta petición é que, dende que saíra publicada a normativa de reparto de TAC da xarda (mediante Orde ARM/271/2010, de 10 de febreiro) a flota artesanal galega encóntrase en clara desventaxa, ao respecto de outras flotas doutras Comunidades Autónomas que faenan no Caladoiro Cantábrico-Noroeste (zona CIEM VIIIc) e con graves problemas polo peche prematuro da pesquería.
Novas relacionadas
- A crise na pesca de baixura: Máis gastos e menos ingresos.
- A baixura esixe un cambio nos TACs.
- Un plan, dende a Costa da Morte, para recuperar a pesca artesanal en Europa.
- A pesca artesanal esixe un réxime propio na Política Pesqueira Común.
Máis novas
- Limpando os grans de area.
- Europa responde antes a Asoar que a Xunta e o Ministerio.
- Greenpeace e ASOAR comprometen en Corcubión aos políticos coa pesca artesanal.
- Coa vida non mar non pode haber recortes.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
- Asoar Armega.
Etiquetas: asoar, asoar armega, baixura, costa da morte, crise, crisis, cupo, dinamarca, europa, europeo, galicia, greenpeace, ministra, ong, parlamento, pcc, pesca, pesca artesanal, politica pesqueira comun, tacs
























[...] A crise afecta cada día máis á precaria situación da pesca artesanal http://www.quepasanacosta.com/?p=18193 por lunet hai 1 segundos [...]
Pingback por A crise afecta cada día máis á precaria situación da pesca artesanal — 19 Setembro 2012 @ 15:07
[...] queres saber máis: http://www.quepasanacosta.com/?p=18193 Compartir:CompartirCorreo-eFacebookRedditStumbleUponDiggLinkedInImprimirTwitter Tags Asoar [...]
Pingback por Duro inverno | Olláparo. O universal é o local menos os muros — 20 Setembro 2012 @ 10:03