Cee, Deportes, Fúbol Sala, Liga Cee 1ª División, Liga Cee 2ª División
Ubaldo Cerqueiro - 20 Setembro 2012 - 06:24 | Comments Off

Abre o prazo para a Liga de Fútbol Sala de Cee


O Dist. Barral, campión de Liga de Fútbol Sala de Cee do ano pasado, e o Praia de Quenxe, campión de Copa

O Dist. Barral, campión de Liga de Fútbol Sala de Cee do ano pasado, e o Praia de Quenxe, campión de Copa

Este ano voltaremos facer un seguemento semanal á Liga de Fútbol Sala máis potente da zona. Xogadores de toda a bisbarra participan todas as noites no liga ceense e esta tempada non será menos, pois a organizadora A.D.C. Brens, que conta coa colaboración do Concello de Cee, xa está en marcha.

Así, a Liga de Fútbol Sala Senior de Cee 2012/13 comezará o vindeiro 15 de outubro.

Esperamos ver de novo ás figuras do O Distribuciones Barral, campión de Liga do ano pasado e do Praia de Quenxe, campión do Maratón Copa de FS de Cee.

  • Inscrición

    A inscrición dos equipos se poderá facer xa no Pavillón Municipal de Cee ou ben chamando ó teléfono 645.137.338 (Juan A. Castro), antes do 5 de outubro.

    Haberá unha reunión informativa sobre o desenvolvemento da liga o venres 5 de outubro ás 20:30 horas, no Pavillón Municipal de Cee.

    A idade mínima para participar nesta liga é de 16 anos, que terán que presentar unha autorización paterna que será entregada á organización, así como o D.N.I.

    O abono da inscricición (250€) terá que ser efectuado antes de rematar o prazo.

    Novas relacionadas

    Fonte

    • Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.com).
    • Departamento de Deportes do Concello de Cee.

    Etiquetas: , , , , , , , , , ,

  • Non hai comentarios

    Aínda non hai comentarios.

    Canal RSS dos comentarios da entrada.

    Este formulario de comentarios está pechado neste momento.