Cee, Deportes, Fúbol Sala, Liga Cee 1ª División, Liga Cee 2ª División
Ubaldo Cerqueiro - 28 Decembro 2012 - 08:07 | Un Comentario

O Praia de Quenxe acaba o ano líder da Liga de Fútbol Sala de Cee


Praia de Quenxe de Corcubion- Foto- Jorge Parri

Praia de Quenxe de Corcubión- Foto- Jorge Parri

Intensa, coma sempre, a Liga de Fútbol Sala de Cee 2012-2013. Con 20 equipos en liza, chegados de todas partes da bisbarra, a Liga está case no seu ecuador e está máis que igualada pola zona alta.

En 1ª, o Hotel Praia de Quenxe está de líder, con só unha derrota en 8 partidos. Ademais, o pichichi da categoría é o fisterrán Aitor (20 goles), que demostra na pista o mesmo olfato que nos campos da 1ª Autonómica. E por se fora pouco, o porteiro menos goleado tamén é do cadro corcubionés, e non é outro que Rafa, igualado a 17 goles encaixados con José Manuel, do Atrio.

Por detrás, a só unha vitoria, está o Panadería de León, e a dúas pero cun partido menos que se xoga neste nadal, o Cervecería Atrio.
Completan a táboa de goleadores da 1ª División, Nico (17 goles), do Antoxos; Bruno (12 goles) do Cafetería Castelao, e Míchel (12 goles), do Atrio.

Atentos á zona baixa da 1ª, onde parece que o Ferroatlántica vai durar pouco na categoría e mesmo está tendo problemas para presentarse con efectivos suficientes.

Federopticos Ollo - Foto- Jorge Parri

Federopticos Ollo - Foto- Jorge Parri

En 2ª División, Estética Raquel e o Recunquiño-Marigel están imparables e non coñecen a derrota. Fran, do Recunquiño é o pichichi con 22 goles, por diante de Fernando do Recreativo (21) e Poyo do Bar Raíces (18). Ademais, Vilela, do Est. Raquel é o porteiro menos goleado (10 goles), con vantaxe sobre Santi do Recunquiño (21) e Adrián do Mont. Quintaplas (24).

Clasificacións

Liga FS Cee 2012-2013- 1 Division X8

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.com).

1 Comentario

  1. [...] deportivo durante a semana, e que conta con moitas das figuras do fútbol da Costa. Unha Liga que acabou o ano co Praia de Quenxe líder da 1ª División, pero que a día de hoxe xa ten [...]

    Pingback por O Atrio ponse en cabeza da Liga de Fútbol Sala de Cee — 26 Xaneiro 2013 @ 08:14

Canal RSS dos comentarios da entrada.

Este formulario de comentarios está pechado neste momento.