1ª Autonómica G1, 2ª Autonómica G2, 3ª Autonómica G5, Deportes, Fútbol, Preferente Autonómica Norte
Ubaldo Cerqueiro - 7 Xaneiro 2011 - 11:54 | 6 Comentarios

Excepcional xornada de Reis no fútbol da Costa


Excepcional xornada de reis para os nosos integrantes. O Soneira tiña xornada, ser 21 equipos na liga obriga a ter un calendario con poucos respiros. Os de Manolito volveron a demostrar que teñen equipo para salvar a categoría e algo máis. En 21 xornadas xogadas levan 33 puntos, algo impensable para toda a parroquia soneirán cando se comezou a tempada. Onte de novo gañaron a falta de pouco minutos para o final, pero ben merecido o tiveron.

En tiñamos os partidos de Cee e Dumbría que retrasaron os seus partidos da xornada 17 e apostre os reis agradecéronllo. O Cee con moito sufrimento e boa parte do partido con 10 homes gañoulle ao Arteixo e ponse despois de moitos anos líder da categoría. O Dumbría gañaba en Cambre e colocase de cheo na loita polos postos de ascenso, está a un só punto do segundo e do terceiro.

Na Liga da Costa, Vimianzo e Baio adiantaron o seu partido da xornada 18. Chegou a primeira derrota do Vimianzo cos novos técnicos e a salvación senón estaba xa moi costa arriba, antóllase moi complicada.

E no tocante á , o Mazaricos confirmou o seu “título” de campión de inverno malia non pasar do empate, e sufrido, ante o Independiente Carballo.

Soneira – Santiago de Compostela (2-1)

Celebración do gol da vitoria soneirá

  • SONEIRA: José Angel, Darío (Ferreiro, min.64), Fran de Urroa, Pablo, Javi, Santi, Víctor García (Miguel, min.64), Míchel, Mario (Vía, min.76), Kike (Yago, min.64) e Vituco.
  • Goles: 0-1, min.35; 1-1, min.42: Vituco; 2-1, min.88: Yago.
  • Expulsión: un xogador visitante (min.30).

Miguel saca unha falta

De novo sobre o pitido final o Soneira faise cos tres puntos nun partido que dominou os 90 minutos favorecido tamén pola superioridade numérica coa que xogou durante 60 minutos.

A primeira metade non foi moi vistosa e apenas houbo máis ocasións que as dos goles. Un internada ata a liña de fondo con pase a tras dou orixe ao gol visitante, o remate tocou nun defensa local e despistou ao meta Jose Angel que nada puido facer pese a non ir moi forte o balón. O gol de Vituco xusto antes do descanso foi fundamental para os ánimo soneiráns. Mario pon un balón entre liñas para Vituco e este dende a frontal dispara raso e pegado ao pau dereito do meta.

Tralo descanso o asedio do equipo de Manolito a área dos santiagueses foi maior e sobre todo con internadas pola banda esquerda con centros moi perigosos que non acertaron a rematar os dianteiros. Kike tivo o segundo gol nada máis saír da caseta, internouse por banda dereita recortou e acomodou o balón para a perda esquerda e o seu lanzamento foise ao longueiro. Manolito rotou a algún dos homes máis importantes como Iago, Miguel e Ferreiro, pensando no partido do domingo fronte ao Laracha. Estes tres entraron na segunda metade e déronlle refresco ao equipo. Co paso dos minutos os de Santiago foron dando por bo o empate e cada vez se pechaban máis atrás, cando semellaba que habería reparto de puntos Yago enganchou a media volta un balón entre o punto de penalti e o borde da área grande e mandou o balón por toda a escadra subindo o definitivo 2-1.

Cee – Atl. Arteixo (1-0)

Llanero - Foto: Unión Club Cee

  • CEE: Mingos, Javi, Jacobo, Sergio, Rafa (Carlos Leis, min.88), Dani, Chapu, Penedo (Fiuza, min.72), Tasky (Jorge, min.86), Llanero e Fernandito.
  • ATL. ARTEIXO: Periscal, Hugo, Borja (Ramiro, min.68), Maikol (Pochi, min.73), Félix, Adolfo, Nano, Zalo, Quin, Rebolo e Mario David.
  • Árbitro: Rodríguez Tajes (A Coruña). Expulso a Llanero, do Cee (min.40). Amoestou aos locais Mingos e Javi Rañal; aos visitantes Adolfo, Quin e Rebolo.
  • Gol: 1-0, min.35: Llanero.

Escena do encontro - Foto: Unión Club Cee

Partido aburrido e con poucas ocasións. Llanero marcou cun tiro cruzado e foi expulsado pouco despóis por facer dúas faltas. O Arteixo atacou máis na segunda metade pero non puido marcar.

Sp. Cambre – Dumbría (0-1)

  • SP. CAMBRE: Carlos, Adrián Anido, Santi, Iago, Jacobo, Rumbo, Samuel, Prosi, Álex Cao (Ander, min. 60), Mourinho (Miki, min. 75) e Adrián.
  • DUMBRÍA: Juan, Iván, Chula, Pablo Conde, Serrano, Aarón, Schuster, Piri, Eloy (Iago, min. 65), Marco (Alberto, min. 46) e Adrián (Isma, min. 80).
  • Gol: 0-1 min. 60: Chula.

Despois dunha primeira parte igualada o Dumbría asumiu o dominio. Anuláronlle dous goles a Adrián con 0-1 no marcador e o Cambre fallou un penalti no minuto oitenta por mediación de miki, parouno Juan.

Vimianzo – Baio (2-4)

  • VIMIANZO: Damián, Camilo, Maikol, Iván de Treos, Sergio Quintáns, Martín, Iván de Baiñas (Pablo Santacristiña), Manacas (Arán, min.49), Dieguito, Lagoa e Vilaseco.
  • BAIO: Manuel, Pablo, Fermín, Mario, Diego, Pirucho, Alberto, Fachal (Canario, min.56), Canai (Fernando, min.86), Jorge (Manuel, min.90) e Martín MC.
  • Goles: 0-1, min.7: Jorge; 1-1, min.13: Iván de Treos; 1-2, min.62: Canario; 1-3, min.84: Canai; 2-3, min.88: Sergio Vilaseco; 2-4, min.90: Canario.
  • Expulsión: O míster visitante, Tono.
  • Partido igualado o adiantado a xornada 18 entre baieses e vimianceses que se levaron o visitantes que estiveron máis acertados nos últimos minutos aproveitándose das facilidades que dou a defensa local.

    Na primeira metade non houbo máis que destacar que os goles. Primeiro Jorge rematou de cabeza no primeiro pau anticipándose ao porteiro, un balón centrado por Canai. Pouco despois o capitán Iván de Treos peiteaba un balón de falta sacado por Martín dende o medio campo, o central vimiances no borde da área grande aproveitouse da mala saída do meta Manuel para superalo por alto.

    Tralo descanso os locais saíron máis entonados e tiveron dúas boas ocasións de gol, nunha Sergio de Vilaseco dispara e primeiro Manuel e logo o longueiro evitaron o gol. Pouco despois, Pablo internase por banda dereita e o seu centro non o remata Sergio de Vilaseco por centímetros cando tiña toda a porta libre para el. Os baieses que andiveron moi listos todo o partido sacando rápido e con estratexia as xogadas a balón parado, aproveitáronse da pasividade da defensa local para que Canario marcara só ante Damian cruzando o balón polo pau longo do porteiro. A pouco para o final viñeron varios goles, Canai tras unha boa xogada individual índose de varios xogadores locais marcou case sen ángulo por entre as pernas do porteiro e un defensa vimiancés. Semellaba que o partido estaba sentenciado, pero Sergio de Vilaseco recurtou distancias ao rematar unha boa cesión de Dieguito. Non dou para moita reacción, pois no minuto 90 Canario marcaba de vaselina ao se aproveitar dunha indecisión entre o meta Damian e o central Sergio de Quintáns.

    Independiente – Mazaricos (3-3)

    • IND. CARBALLO: Upi, Manuel, David (Efrén, min.40), Panuchi, Dani, Míchel, Moreno, Rubén, Cholo, Iván (Ivi, min.55), Brian (Suso, min.90).
    • MAZARICOS: Juan, Tuco, Marcos, Dubi, Chico (Casais, min.75), Ramón, Brais (Rodrigo, min.75), Matías (Coxo, min.75), Esteban Pereiro (Nétor, min.60), Estéfano (Moncho, min.60), Kevin.
    • Goles: 0-1, min.22: Brais; 0-2, min.30: Kevin; 1-2, min.50: en propia meta; 2-2, min.60: Ivi; 3-2, min.65: Cholo; 3-3, min.90: Efrén en propia meta.
    • Expulsado: o meta Juan no minuto 65.

    Comezaba o Mazaricos facendo gala da súa posición na táboa, controlando máis o balón e o peso do partido, cun Independiente pechado atrás esperando á contra. Podían ter marchado conalgún gol máis pero a defensa local estivo acertada e evitou que o líder se martchase no marcador.

    Cambiou o conto trala volta dos vestiarios. Espertou o equipo carballés e veuse abaixo o equipo de Periscal, que se confiou en escexo e ademais sufriu a expulsión do meta, Juan, e o xogador Moncho meteuse baixo paos. Remontou o Independiente a base de entrega e bo facer. E cando todo parecía que ía rematar nunha derrota do líder, un gol en propia meta de Efrén facía a igualada.

    Máis información

    Novas relacionadas

    Fonte

    • Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.com).

    6 Comentarios

    1. [...] This post was mentioned on Twitter by Que Pasa na Costa, Que Pasa na Costa. Que Pasa na Costa said: E os encontros de pnte xa en QPC!! http://fb.me/Nz0hhcxv [...]

      Pingback por Tweets that mention Excepcional xornada de Reis no fútbol da Costa -- Topsy.com — 7 Xaneiro 2011 @ 18:46

    2. [...] segunda fin de semana de fútbol neste 2010 trala cita do 2 de xaneiro e a positiva xornada de Reis. E chega xa completa, con máis de 60 encontros dende infantís a [...]

      Pingback por Encontros do fútbol da Costa para esta fin de semana — 8 Xaneiro 2011 @ 17:08

    3. [...] Excepcional xornada de Reis no fútbol da Costa. [...]

      Pingback por Resultados do fútbol da Costa — 9 Xaneiro 2011 @ 20:14

    4. [...] no chan, miran cara arriba unha vez pulsado o nivel da liga. Esta semana o Cee acusaba o cansanzo do encontro de reis, pero malia caer na casa mantén o liderato. O Xallas vencía en San Tirso, e se coloca 3º [...]

      Pingback por 2 equipos da Costa en ascenso — 10 Xaneiro 2011 @ 12:30

    5. [...] Excepcional xornada de Reis no fútbol da Costa. [...]

      Pingback por 2ª Autonómica: Unha liga de 3? — 10 Xaneiro 2011 @ 14:27

    6. [...] Excepcional xornada de Reis no fútbol da Costa. [...]

      Pingback por 3ª Autonómica: Os nobles non perdoan — 12 Xaneiro 2011 @ 10:29

    Canal RSS dos comentarios da entrada.

    Este formulario de comentarios está pechado neste momento.

     
    PUBLICIDADE
    PUBLICIDADE