Chegou o peregrino número 100.000 ao albergue de Fisterra. O pasado luns 11 de outubro de 2010 a peregrina holandesa Elisabeth van Kan, recibiu esta especial a Fisterrana da man da hospitaleira Begoña Valdomar.
Foron 100.000 historias, 10.000 vidas, 100.000 Fisterranas as que entregou o albergue dende o ano 1997 que leva funcionando o albergue fisterrán, un dos que teñen máis sona de todo o país. E iso que os primeiros anos era o concello o que a entregaba aos valentes visitantes.
E unha vida enteira a que podía contar Elisabeth, que aos seus 62 anos saíu co seu marido dende a súa casa, en Gelee, Holanda. Máis de 3 meses e 2.800km a pé para chegar á fin do mundo.
Esta cifra dá conta da importancia do Camiño Xacobeo para a economóa da Costa da Morte no século XXI. Esta galiña dos ovos de ouro que aínda non acabamos de coidar como merece.
Novas relacionadas
- A ponte de Vaosilveiro xa está en construción.
- Inaugurado o novo e moderno albergue de Dumbría.
- Editorial: O outro Finisterre. O verdadeiramente preparado para o turismo.
Fonte
- Redacción de QPC ( info@quepasanacosta.com ).
- Foto do Facebook do Albergue de Fisterra.























[...] O Albergue dos 100.000 peregrinos. [...]
Pingback por A AGACS defende o Camiño — 20 Decembro 2010 @ 10:09
[...] o día de onte o Albergue dos 100.000 peregrinos tivo que recibir unha boa sesión de desinfección. Varios homes con “metralletas” de [...]
Pingback por Pechados os albergues de Fisterra e Corcubión polas chinches — 28 Setembro 2011 @ 12:16
[...] O Albergue dos 100.000 peregrinos. [...]
Pingback por As Orixes (I) — 16 Decembro 2011 @ 17:32
[...] O Albergue dos 100.000 peregrinos. [...]
Pingback por A forza do Camiño para un peregrino danés — 15 Abril 2012 @ 20:47