Deportes, Firmas QPC Deportes, Fútbol, Preferente Autonómica Norte
Guillermo Parga - 8 Marzo 2011 - 13:08 | 18 Comentarios

Titanic


Os barcos do Val e do Soneira zarparon de portos semellantes nos últimos anos, aínda que o naronés tivo un ano máis de construción no seu regreso a Preferente. Ambos proxectos cruzáronse o pasado domingo en Sinde, con dous guións moi diferentes. O Val é un Titanic da categoría (non por presuposto, senón por rendemento), mentres que o rumbo vimiancés chegou inadvertido ata gañarse o respecto dos navegantes co paso das semanas.

Se o choque de Sinde se tivera disputado a comezo de liga, faría un símil entre un barco que parecía insomerxible e un iceberg que foi quen de deter o seu rumbo nos dous encontros, como se de un Titanic se tratase. O do iceberg do Soneira é máis ben por esa apariencia feble que pode mostrarlle ós que non o coñecen, pero temible para os auténticos lobos de mar, que saben das virtudes dun conxunto frío, ó mellor non tan quente como os “jugóns” de Preferente, pero terriblemente fiable e compacto.

O Soneira prantexou un encontro que me fixo lembrar ós anos de Primeira, ese sufrimento e esa paciencia e confianza nunha xeración que co paso dos anos emancipou o seu talento e atopou a súa identidade. Non lle discutiu a posesión a un favorito, pero invitoulle a unha batalla na que nunca se achicou, e foi valente e efectivo cando o rival baixou a garda.

Teño que confesar que no banco local de Sinde (o campo, de infausto nome para os que usamos a rede) había un bo amigo e varias persoas ás que tamén considero tal e outras ás que lle teño un enorme respecto profesional e deportivo. Seguramente ninguén lembrará para sempre esa tarde, pero creo que é un bo botón do nivel deste Soneira, do que só se valorará correctamente cando veñan tempos peores.

Só hai que mirar a evolución na categoría do Bertamiráns para, facendo unha comparación entre camiños semellantes, ver o mérito dos de Manolito, outro home ó que o tempo lle dará o valor que ten.

Novas relacionadas

Crónicas de Guillermo Parga

Artigos relacionados

Máis novas

Máis información

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.com).

18 Comentarios

  1. [...] Titanic. [...]

    Pingback por Liga escocesa? — 9 Marzo 2011 @ 22:45

  2. [...] Crónica de Guillermo Parga sobre a situación do fútbol da Costa: Titanic. [...]

    Pingback por Copa Xuvenil: Os oitavos comezan coas espadas por todo o alto — 13 Marzo 2011 @ 18:26

  3. [...] Crónica de Guillermo Parga sobre a situación do fútbol da Costa: Titanic. [...]

    Pingback por Resultados dunha xornada completa con ascensos e moita tensión — 13 Marzo 2011 @ 21:26

  4. [...] Crónica de Guillermo Parga sobre a situación do fútbol da Costa: Titanic. [...]

    Pingback por Amador Vidal e Miguel, Deportistas Ilustres homenaxeados no Concello de Vimianzo — 14 Marzo 2011 @ 11:16

  5. [...] Crónica de Guillermo Parga sobre a situación do fútbol da Costa: Titanic. [...]

    Pingback por Preferente: Seguros en casa e dando minutos á xuventude — 14 Marzo 2011 @ 11:38

  6. [...] Crónica de Guillermo Parga sobre a situación do fútbol da Costa: Titanic. [...]

    Pingback por 2ª Autonómica: O Ponteceso achégase ao título e o Porteño apreta a zona baixa — 14 Marzo 2011 @ 13:46

  7. [...] Crónica de Guillermo Parga sobre a situación do fútbol da Costa: Titanic. [...]

    Pingback por 3ª Autonómica: 2 ascensos confirmados e un en cernes — 14 Marzo 2011 @ 17:58

  8. [...] de Clubes da Costa será agora membro da directiva d Federación. Feito que dá conta do momento histórico que vive o noso fútbol, que por fin ten algo que dicir a nivel [...]

    Pingback por Manuel Caamaño é o novo enlace do Fútbol da Costa na Federación — 16 Marzo 2011 @ 09:33

  9. [...] Crónica de Guillermo Parga sobre a situación do fútbol da Costa: Titanic. [...]

    Pingback por Video entrevista de Ángel Garrido co xuvenil cormelán Darío Márquez — 18 Marzo 2011 @ 08:48

  10. [...] Crónica de Guillermo Parga sobre a situación do fútbol da Costa: Titanic. [...]

    Pingback por Resultados da fin de semana no fútbol costeiro — 20 Marzo 2011 @ 20:29

  11. [...] Crónica de Guillermo Parga sobre a situación do fútbol da Costa: Titanic. [...]

    Pingback por 1ª Autonómica: Dumbría e Xallas seguen mandando pero o Cee dá un paso atrás — 28 Marzo 2011 @ 11:29

  12. [...] Crónica de Guillermo Parga sobre a situación do fútbol da Costa: Titanic. [...]

    Pingback por 2ª Autonómica: Camiño libre para o Ponteceso e loita aberta por abaixo — 28 Marzo 2011 @ 13:06

  13. [...] Crónica de Guillermo Parga sobre a situación do fútbol da Costa: Titanic. [...]

    Pingback por Nace un novo equipo de fútbol na Picota — 29 Marzo 2011 @ 12:53

  14. [...] Crónica de Guillermo Parga sobre a situación do fútbol da Costa: Titanic. [...]

    Pingback por Preferente: Empate que soubo a pouco — 4 Abril 2011 @ 10:55

  15. [...] Crónica de Guillermo Parga sobre a situación do fútbol da Costa: Titanic. [...]

    Pingback por 1ª Autonómica: Táboas no máis alto da clasificación — 4 Abril 2011 @ 11:24

  16. [...] Crónica de Guillermo Parga sobre a situación do fútbol da Costa: Titanic. [...]

    Pingback por Video entrevista de Ángel Garrido con David Abelenda — 8 Abril 2011 @ 15:44

  17. [...] Crónica de Guillermo Parga sobre a situación do fútbol da Costa: Titanic. [...]

    Pingback por Axenda Deportiva da fin de semana — 15 Abril 2011 @ 09:42

  18. [...] Crónica de Guillermo Parga sobre a situación do fútbol da Costa: Titanic. [...]

    Pingback por 1ª Autonómica: Xallas e Dumbría avanzan cara a Preferente — 18 Abril 2011 @ 12:25

Canal RSS dos comentarios da entrada.

Este formulario de comentarios está pechado neste momento.

 
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE