Deportes, Fútbol, Outros Deportes, Preferente Autonómica Norte, Vimianzo, Xuvenil 1ª autonómica G4
Ubaldo Cerqueiro - 13 Marzo 2011 - 15:33 | 6 Comentarios

Amador Vidal e Miguel, Deportistas Ilustres homenaxeados no Concello de Vimianzo


O Concello de Vimianzo non deixou pasar a oportunidade para homenaxear a dous dos máis importantes deportistas de Vimianzo. A sala de trofeos do novo Complexo Deportivo está presidida por dous grandes pósters de 1,5 m. de alto, un de Amador e outro de Miguel. Neles pódense ver fotos dos dous deportistas cun pe de foto onde se pode ler “Deportista Ilustre do Concello de Vimianzo”.

Amador Campion Vimiances

Durante o acto de inauguración do ximnasio municipal, que tivo lugar este venres, o alcalde entregou un póster a cada un dos deportistas (Amador non puido asistir ó acto) como recoñecemento á súa longa e exitosa carreira deportiva.

Unha vida ao volante

Amador Vidal é un recoñecido piloto de rallys. O seu palmarés é moi amplo, entre outros podemos destacar os seguintes:

  • Campión de España do Desafío Peugeot Junior.
  • Campión de España do Desafío Peugeot Absoluto.
  • Campión de España de Rallys de Terra (Gr. N).
  • 5 veces subcampeón de España de Desafío Peugeot.
  • Subcampión da Mitsubisi Evo Cup.


Un home a un balón pegado

Miguel Figueira Soneira poster

Miguel foi futbolista profesional. A súa carreira deportiva levouno a varios equipos de 2ª División, chegando a ser capitán do equipo en moitos deles:

  • Bergantiños.
  • Deportivo da Coruña.
  • Levante.
  • Castellón.
  • Gerona.
  • Lugo.
  • Figueres.
  • Casteldefels.
  • Montañeros.
  • Soneira.

Os seus maiores éxitos producíronse no Levante, onde gañou a liga de 2ªB e estivo a piques de ascender a 1ª; e no Castellón, onde a liga de 2ª B. Ademais foi dúas veces campión de Copa da Generalitat Valenciana. No último partido co Levante os xiareiros agradecéronlle os seus servizos cun gran mural despregado nun dos fondos do estadio onde se podía ler: “Miguel -4- Valencia te rinde honores”. Actualmente xoga no Soneira e entrena ós xuvenís.

Durante a súa carreira ningún dos dous deportistas esqueceu as súas orixes e sempre levaron o nome de Vimianzo alí por onde ían. Hoxe Vimianzo agradécello cun humilde homenaxe.

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Máis novas

Fonte

  • Artigo da man de Víctor Santos, Técnico de Deportes do Concello de Vimianzo.

6 Comentarios

  1. [...] cara a volta, malia que perde dúas pezas fundamentais como son Alejo e Lucas. O Soneira-Muros, co recentemente homenaxeado Miguel no banco local, tamén foi moi interesante e prevese que Miraflores sexa un fervedoiro de cara á [...]

    Pingback por Copa Xuvenil: Os oitavos comezan coas espadas por todo o alto — 13 Marzo 2011 @ 18:25

  2. [...] Soneira gañaba con contundencia a todo un Campus Stelae e puido celebrar a homenaxe que o Concello vimiancés rendiulle onte a Miguel. A xornada na 1ª deixou ao Cee sen o liderato trala derrota en Lamela. Agora, os de Pato comparten [...]

    Pingback por Resultados dunha xornada completa con ascensos e moita tensión — 13 Marzo 2011 @ 21:16

  3. [...] celebrar así a homenaxe que o Concello brindou ao xogador Miguel e mais ao piloto de rallis Amador Vidal. Este póster desenvolto polo técnico do concello Víctor Santos é o protagonista da [...]

    Pingback por Preferente: Seguros en casa e dando minutos á xuventude — 14 Marzo 2011 @ 11:34

  4. [...] Amador Vidal e Miguel, Deportistas Ilustres homenaxeados no Concello de Vimianzo. [...]

    Pingback por 1ª Autonómica: 5 equipos en 1 punto e 3 son da Costa — 14 Marzo 2011 @ 16:33

  5. [...] cara a volta, malia que perde dúas pezas fundamentais como son Alejo e Lucas. O Soneira-Muros, co recentemente homenaxeado Miguel no banco local, tamén foi moi interesante e prevese que Miraflores sexa un fervedoiro de cara á [...]

    Pingback por Copa da Costa » Blog Archive » Copa Xuvenil 2011: Os oitavos comezan coas espadas por todo o alto — 15 Marzo 2011 @ 19:59

  6. [...] Amador Vidal e Miguel, Deportistas Ilustres homenaxeados no Concello de Vimianzo. [...]

    Pingback por Resultados da fin de semana no fútbol costeiro — 20 Marzo 2011 @ 20:53

Canal RSS dos comentarios da entrada.

Este formulario de comentarios está pechado neste momento.

 
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE