A Deputación da Coruña vén de aprobar a lista de grupos de toda índole e condición, que forman parte da Rede Cultural 2011. Centos de grupos de danza, teatro, música… quedan inscritos. A proposta é para que as asociacións e concellos poidan solicitar a súa participación nas súas festas, contando cunha importante subvención da entidade provincial.
De feito, as entidades sen ánimo de lucro poderán solicitar actuacións das que a Deputación aporte o 70% do importe da actuación.
Grupos da bisbarra
Se os organizadores de festas e eventos serán beneficiados por estas axudas, os que tamén son favorecidos son os grupos da zona. Grupos de teatro, música tradicional, folk ou rock, bandas…. Todos poden adherirse á Rede Cultural da Deputación e entrar no circuito.
E poden saír moi beneficiados porque ás entidades e concellos sairálles moito máis barato a súa contratación.
Prazos
No terceiro cuadrimestre de cada ano, sobre finais de setembro e primeiros de outubro, ábrese un prazo de 20 días para que se inscriban os grupos na Rede CUltural do ano seguinte.
Posteriormente sácase o libro e ábrese o período de “contratación/petición” (normalmente febreiro-marzo) para Concellos e asociacións.
Moita música tradicional
Facendo un repaso as grupos adheridos, podemos facer unha clara descrición da Cultura na Costa da Morte. 23 corais, 7 grupos de canteiras e pandereteiras, 6 bandas de gaitas e 2 bandas de música dan conta do potencial en materia tradicional na Costa.
Pola contra, tan só temos 12 grupos de folk, pop ou rock, 4 grupos de teatro e pouco máis.
Vemos ademais que os concellos da zona de Bergantiños son moito máis prolíficos a inscribirse nestes programas, mentres que pola comarca de Fisterra son poucas as posibilidades onde contratar. Por exemplo, os Concello de Dumbría e Mazaricos non conta cun só grupo, de todas as disciplinas, inscrito.
Repaso aos Grupos da Costa na Rede Cultural
Cabana
- El Parga, solista.
- A. C. O FOL, cantareiras.
- ABBEY ROAD, pop.
- CORAL DE CESULLAS. Coral.
- CORAL DE CORCOESTO. Coral.
- CORAL SAN MARTÍN DE CANDUAS. Coral.
- GAITEIROS DE ANOS. Gaitas.
- GRUPO DE GAITAS AIRES DO CASTRO DE BORNEIRO. Gaitas.
- IARA TEATRO . Teatro non profesional.
Camariñas
- DEQUENQUÉN TEATRO. Teatro.
- ABRINDO REJO. Banda de Gaitas.
- ASOC. DO CORO BRISAS DO MAR DE CAMARIÑAS. Coral.
- CARAMUXAS. Cantareiras.
- CORAL ANDURIÑAS DE XAVIÑA. Coral.
- OS PANCHOS DO JOLFENDRO. Charanga.
Carnota
- CORAL POLIF. DE CARNOTA. Coral.
Cee
- BANDA DE MÚSIC A DE CEE. Banda de Música
- CORAL POLIF. NERIA COSTA DA MORTE. Coral.
- GRUPO DE BAILE A.C. TERRA DE SENA. Baile.
- GRUPO DE BAILE BREOGÁN DE BRENS. Baile
- GRUPO DE PANDERETEIRAS DE BRENS. Pandereteiras.
- PETA FORTE. Charanga.
- TALIA TEATRO. Teatro (Santiago de Compostela).
Corcubión
- BAILE NERIO. Baile.
- CORAL AIRIÑOS DE QUENXE.
Fisterra
- A CRUS DE BAIXAR. Folk.
- BANDA “O RUMBO” DE SARDIÑEIRO. Banda de Gaitas.
- CHARANGA O VENDAVAL. Charanga.
- LAURA DE FISTERRA. Solista.
Laxe
- ASOC. CULT. AMIGOS DA CORAL POLIFONICA MUNIC ATALAIA LAXE. Coral
- BANDA DE GAITAS MARUXÍA . Banda de Gaitas.
- CEN-TROLES . Jazz e blues.
- CORAL POLIF. MUNICIPAL “ATALAIA” DE LAXE. Coral.
- ESCOLA MUNICIPAL DE TEATRO DE LAXE. Teatro non profesional.
- O TREN DA UNHA. Grupo de música divertida.
- ORFEÓN BREOGÁN.
Malpica
- ASOCIACIÓN CULTURAL MEDIADUCIA. Folk
- BANDA DE GAITAS DA ASOCIACIÓN CULTURAL MALANTE. Banda de Gaitas
- BANDA DE GAITAS RAIGAÑAS. Banda de Gaitas.
- CORAL DE MALPICA. Coral.
- ENTREFAROS. Folk
- GRUPO DE MÚSICA E DANZA TRADICIONAL RAIGAÑAS. Música e baile
- GRUPO DE TEATRO RAIGAÑAS. Teatro.
- MALANTE. Gaitas, pandeiretas e baile
- MEIGALLO.
Muxía
- GRUPO VOCAL “VIRXE DA BARCA”. Coral.
Muros
- A XANELA DO MAXÍN. Teatro.
- AVELAIÑA. Folk
- OMAR PERCUSSION GROUP. Músicas do Mundo
- AGRUP. FOLCL. XIMIELA. Baile, música e pandeiretas.
- CORAL “DON DIEGO DE MUROS”. Coral.
- CORAL SAN XOAN DE SERRES. Coral.
- CORAL SANTA MARIÑA. Coral.
- GALANÍA DE MUROS. Baile e música tradicional.
- TRAPOS SUCIOS. Rock.
- TRIO MUSICAL ECLIPSE. Música de todo tipo.
- XEITURA. Gaitas.
Ponteceso
- A OLIVEIRA DE MONTE BRANCO. Cantigas populares, cantigas.
- AS QUISQUILLEIRAS. Cantareiras.
- ASOC. CULT. SAN XOAN DE XORNES. Música tradicional
- ASOC. PANDERETEIRAS RAÍCES COMBINADAS DE LIMIÑOA. Pandereteiras.
- BANDA DE GAITAS INLLAR. Gaitas.
- BANDA DE MÚSICA EDUARDO PONDAL. Banda de Música.
- CORAL POLIF. BRISAS DO MAR. Coral.
- CORAL POLIF. S. MARTIÑO DE CORES. Coral.
- CORAL POLIF. SAN ELEUTERIO DE TELLA. Coral.
- CORAL POLIF. SAN SALVADOR DE PAZOS. Coral.
- CORAL POLIF. SANTA MARIÑA – VOCES CORALES. Coral.
- JESÚS COUTO E OS SEUS ACORDEÓNS. Acordeón
- MÚSICA E DANZA TRADICIONAL INLLAR. Música e baile tradicional
- O CRUCEIRO. Charanga.
Vimianzo
- CORAL POLIF. LUSCO – FUSCO. Coral.
- CORAL POLIFÓNICA XAN MELLA. Coral.
- GRUPO DE BAILE TRADICIONAL “CHURÍA”. Baile.
- GRUPO DE TEATRO BADIUS. Teatro non profesional.
























[...] A participación da Costa da Morte na Rede Cultural da Deputación. [...]
Pingback por Os poetas da Costa da Morte escriben sobre a carpintería de ribeira — 16 Xuño 2011 @ 08:36
[...] A participación da Costa da Morte na Rede Cultural da Deputación. [...]
Pingback por Laxe recupera o Atalajazz — 16 Xuño 2011 @ 09:33
[...] os seus espazos para a celebración de concertos. Con todos, estes días comprobábamos que apenas hai media ducia de bandas anotadas na Rede Cultural da Deputación, unha cifra ben pequena que agardemos vaia crecendo o vindeiro [...]
Pingback por Escolma de bandas costeiras – A Axenda Sonora da Costa da Morte segue crecendo — 16 Xuño 2011 @ 12:48
[...] A participación da Costa da Morte na Rede Cultural da Deputación. [...]
Pingback por A Escola de Teatro de Cee estrea esta fin de semana a obra dirixida por Artur Trillo “Tartufo” — 17 Xuño 2011 @ 10:15
[...] A participación da Costa da Morte na Rede Cultural da Deputación. [...]
Pingback por Miro Villar presenta as súas Crebas en verso en Compostela — 21 Xuño 2011 @ 09:13
[...] sabemos o potencial da Costa da Morte en materia coral. E as nosas representantes seguen triunfando por todo o país. Como a Coral Polifónica Virxe da [...]
Pingback por A Coral Polifónica Virxe da Barca presenta novo disco — 17 Novembro 2011 @ 10:42
[...] a Costa da Morte demostrando o seu potencial en materia coral. Hoxe a Coral Polifónica “Virxe da Barca” de Muxía invita a toda a bisbarra ao acto [...]
Pingback por A Coral Virxe da Barca presenta na casa o seu novo disco “Muxía é unha serea” — 5 Xaneiro 2012 @ 09:51
[...] cultural máis de 1.600 formacións (desde músicos ata compañías de teatro ou danza) dos que máis de 50 eran da Costa da Morte. Pero este curso hai recortes, como unha rebaixa de cachés en non profesionais, cambios de [...]
Pingback por Os grupos culturais da zona poden inscribrise xa na Rede Cultural 2012 da Deputación — 17 Xaneiro 2012 @ 10:54
[...] A participación da Costa da Morte na Rede Cultural da Deputación 2011. [...]
Pingback por Máis de 90 grupos da zona participan na Rede Cultural da Deputación, que abre o prazo para Concellos e Asociacións — 16 Maio 2012 @ 08:24