Xa foi presentada a cita por excelencia da Costa da Morte no mes de setembro. Falamos das Festas da Barca de Muxía. A Comisión de Festas facía público o cartel nas últimas horas, e convidaban a veciños e veciñas, e visitantes a desfrutar da romaría, declarada Festa de Interese Turístico Nacional.
Programa
As Festas da Barca celebraranse este ano entre o venres 9 e o luns 12 de setembro.
O venres 9 de setembro iniciaranse os festexos dende as 12:00h do mediodía coa tirada de 21 bombas de palenque para dar comezo á Romaría da Barca 2011. Haberá as misas de costume, pasarrúas, e sesión vermú co grupo Trole. Xa pola noite, gran verbena co grupo Trole, o grupo Limón e o grupo Metrópolis.
O sábado 10 de setembro tiraranse 21 bombas de palenque dende as 12:00h do mediodía, para dar comezo á xornada. Misas, pasarrúas e despois sesión vermú, que estará amenizada polo grupo Samba. Xa pola noite, gran verbena co grupo Samba, o grupo Tekila e a orquestra Nueva Generación. Ás 00:30 procederase a unha gran sesión de fogos de artificio. Despois, a festa prolongarase ininterrumpidamente ata as 09:00h da mañá.
O domingo 11 de setembro tiraranse de novo 21 bombas de palenque. Dende as 12:30h misa solemne e despois procesión marítima da Virxe da Barca. Dende as 14:30h tirarase a maior traca de bombas de toda Galicia. Sesión vermú coa orquestra Galilea e verbena con Galilea e Costa Oeste.
Xa por último, o luns tiraranse de novo as 21 bombas e a continuación procederase á procesión dende a igrexa ata o Santuario. Despois celebrarase unha misa. Na sesión vermú actuará El Combo Dominicano. E xa na verbena, actuarán El Combo Dominicano e Panorama.
Canal RSS dos comentarios da entrada.
Este formulario de comentarios está pechado neste momento.
21-02-2013 - beto
03-02-2013 - beto
30-01-2013 - beto
29-07-2011 - 131 comentarios) - {OPINA}
24-08-2011 - 107 comentarios) - {OPINA}
03-09-2011 - 106 comentarios) - {OPINA}
[...] das Festas. A Barca xa está aquí, co seu cartel preparado, e ao longo da semana, para quecer motores, o Concello artella a clásica semana [...]
Pingback por En marcha a semana cultural da Barca — 30 Agosto 2011 @ 12:34
[...] por Muxía pensan na Barca (por certo a festa máis popular para os siareiros de Facebook de QPC con máis de 200 votos), por [...]
Pingback por A Barquiña ponse clásica — 7 Setembro 2011 @ 09:10
[...] PEREIRIÑA – MUXÍA: Aprazado para o 8-12 polas festas da Barca. [...]
Pingback por Sancionados e novos horarios para esta nova fin de semana no fútbol da Costa — 8 Setembro 2011 @ 17:30
[...] da Barca Muxia 2011 Máis información: A Barca xa ten cartel. Comentarios [...]
Pingback por Festas da Barca « Axenda Costa da Morte — 8 Setembro 2011 @ 18:44