Bisbarra
Ubaldo Cerqueiro - 27 Agosto 2011 - 10:00 | 8 Comentarios

Sentindo o Camiño


Expedición do Camiño dos Sentidos á súa chegada a Fisterra

Milleiros son os peregrinos que chegan ata a nosa fin do mundo a través do tesouro do Camiño de Santiago. Pero poucos son tan emotivos como o que viviron os protagonistas desta singradura. Gerardo Roberto, ambos xordos e cegos, entre outros, son os heroes do chamado Camiño dos Sentidos, unha afrenta que supera todas as barreiras.

O equipo saía de Irún a finais de xullo, e chegaban a Fisterra o pasado 12 de agosto tras percorre rmáis de 1.000 km nas súas bicicletas e tandems. Aí os vemos á súa chegada ávila do Cristo (de esquerda a dereita) aos Luís Rendo (xordo de Boqueixon), Gerardo Fernández (xordo-cego de Vigo), Javier Pitillas (oínte de Vigo), Esther Calvo (oínte e guía-intérprete de Roberto, de Mérida) e MariMar Pitillas (oínte e condutora do coche de apoio, de Madrid); sentado está Roberto (xordo-cego de Burgos).

Todos participaron nesta viaxe pasándoo en grande, “sen máis problemas que unhas dores de xeonllo e unhas rozaduras no traseiro todo iso no corpo de Gerardo”, como nos conta o propio Javier. “Os demais non sufrimos máis que unhas cantas mojaduras, o rigor do sol e a dureza dos perfís da ruta”, apunta.

Gerardo e Javier a bordo do seu tándem

Cóntanos tamén as súas impresións ao chegar a Fisterra: “En primeiro lugar unha gran emoción por alcanzar a meta habendo logrado os obxectivos propostos: finalizar sans e salvos, conseguir que Roberto e Gerardo gozasen ao máximo do Camiño facendo uso das súas capacidades especiais. E fixérono: viron a través das súas mans todas as cousas posibles das que nós vimos cos nosos ollos; percibiron a través do seu olfacto o variado espectro de cheiros que engalanan os 1.000 km de silencio que percorreron na nosa compañía; escoitaron a través das descricións das nosas mans os sons que os seus oídos non poden percibir; coñeceron xentes e lugares, sentiron o esforzo do pedaleo nas subidas e a sensación de ingravidez nos frenéticos descensos, molláronse coa choiva e tostáronse co sol, gozaron das praias e da herba, dalgunhas noites nas camas de albérguelos e doutras no chan dun garaxe ou dun polideportivo,… en definitiva, foron felices“.

Con estas emotiva palabras, o propio Javier define o sentir dos seus compañeiros, facendo máxico este Camiño dos Sentidos. E lembra:

  • “Se o teu mal ten remedio, por que te aflixes? E se non o ten, por que te aflixes?” Non vos aflixades en balde.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasancosta.com).

8 Comentarios

  1. [...] Sentindo o Camiño. [...]

    Pingback por De Camariñas a Carballo ca Volta Ciclista — 6 Setembro 2011 @ 11:58

  2. [...] Sentindo o Camiño. [...]

    Pingback por Sae á rúa a guía da Ruta Costa da Morte — 9 Setembro 2011 @ 09:49

  3. [...] Sentindo o Camiño. [...]

    Pingback por A etapa trampa da Volta a España 2012 remata no Ézaro — 9 Xaneiro 2012 @ 17:24

  4. [...] Sentindo o Camiño. [...]

    Pingback por Os Reis rubiron os montes de Salto en bici de montaña — 10 Xaneiro 2012 @ 11:09

  5. [...] Sentindo o Camiño. [...]

    Pingback por As rampas do Mirador do Ézaro agardan a invasión do pelotón — 12 Xaneiro 2012 @ 09:37

  6. [...] Sentindo o Camiño. [...]

    Pingback por A chegada ao Mirador do Ézaro non será a última vez que se faga — 27 Xaneiro 2012 @ 09:55

  7. [...] Sentindo o Camiño. [...]

    Pingback por Dumbría xa é cita fixa para os “beteteros” do país — 21 Marzo 2012 @ 12:09

  8. [...] Sentindo o Camiño. [...]

    Pingback por Camariñas prepárase para a 1ª Ruta BTT da Caramiña — 1 Maio 2012 @ 07:12

Canal RSS dos comentarios da entrada.

Este formulario de comentarios está pechado neste momento.