Cultura, Laxe, Vídeos
Ubaldo Cerqueiro - 26 Novembro 2009 - 13:47 | 4 Comentarios

Unha vida no mar


Mandeo Records - Os Sonos Do Mar -3

Este é un dos protagonistas da documental de Mandeo Records “Os Soños do mar. Un deses centos de mariñeiros de Laxe que cada día vai ao mar. Pero que nunca sabe se vai volver.

“Os soños do mar” trata de levarnos ao día a día da xente do mar de Laxe. Camuflándose entre as redes e os aparellos, o equipo de grabación de Mandeo conseguíu integrarse na vida dos mariñeiros ata o punto de falan como quen está cun veciño e non diante dunha cámara. Ese foi dos logros de Mandeo, para dar como resultado uns testimonios moi achegados, moi naturais.

Un día de traballo

O fío condutor dánolo o quefacer na vida do mariñeiro. De feito, alá se embarcou unha noite o equipo de Mandeos, comandados por Daniel López. E subiu no 2º Santa Isabel para vivir unha xornada de traballo, algo que tamén se pode realizar a través do proxecto Mar de Laxe.

E suben a bordo sen medo, pero sempre con respeto, como nos conta Manolo (aquí embaixo). 47 anos, 33 anos na mar, xa que como a maioría dos mariñeiros enrolouse cando tiña 13 ou 14 anos. Pero a vida de Manolo está moi vencellada ao mar. Para o bo e para o malo. Un naufraxio levoulle varios familiares e non pode conter a emoción mentres nolo conta.

A lonxa

Logo de recoller as artes, os mariñeiros voltan a porto para vendelo peixe. E fano na lonxa, na subasta. A venta é un dos problemas dos mariñeiros. Moitos marchan a Coruña para vender pois o peixe vénese máis caro, pero os que quedan terán que vender a cuarta parte do que se vende no mercado ou na praza.

“Non hai dereito, os estableciementos gañan o 400%-500% do que gañamos nós. A min paréseme moito, non?”, pregúntase un deses laxense que se xogan cada día a vida no mar.

A muller do mariñeiro

Cando o mariñeiro volta do mar, logo de 12 horas de xornada (de 2:00h a 12:00h, por exemplo), a muller do mariñeiro toma o relevo. Ela terá que colocalo peixe, vendelo, preparar o aparello… e a casa, que esa é outra guerra. “Só cando vou durmir penso “agora acabei”, ata mañá que me levante”, apunta unha desas bravas. I é que o traballo co aparello e cos redes é outradas artes desta profesión. Impresionante ver como traballan.

Os percebeiros

Outros dos que se xogan a vida son os percebeiros. Armados coa ferrada e o pucheiro, embarcan nesas lanchiñas e van directos ás rechas do Cabo de Laxe ou da Banda da Area, onde as olas baten e baten. Sexa verán, sexa inverno, os percebeiros van á ribeira na procura dos mellores percebes da zona, que poden darse nas Pedras de Pomar. A documental caza imaxes verdadeiramente espectaculares dunha sesión de traballo un día de verán. Como será no inverno…

O Furtivismo é o grande problema ao que se enfrontan os percebeiros. Acusan directamente á “Pesca deportiva” de esquilmar o percebe máis baixo, “e a ribeira nace de abaixo arriba”. Os percebeiros semella telo claro: “pan para hoxe e fame para mañá”. Pero o problema segue vivo.

E para intentar loitar contra o furtivismo está a figura do vixiante. Un traballo complicado, que se non conta coa colaboración do mariñeiro, pode facerse imposible. Vemos como controla o cupo, revisa as embarcacions… toda unha labor encomiable.

A documental finaliza canda a Virxe do Carme, e enlaza coa curta do Naufraxio.

Triloxía

A documental está encadrado dentro do multidisciplinar proxecto de Mar de Laxe. Dentro del, e da man da produtora Mandeo Records, estase a realizar unha triloxía. “Os soños do mar” é a primeira parte e a segunda xa a podemos ver: o “Naufraxio”. unha tradición de máis de 50 anos. O vindeiro 2010 será completada cunha nova documental.

Estes “soños do mar”, ademais de contar cunha BSO de excepción, conta coa colaboración especial de Caamaño Castro e de Rosa Cedrón. Teñan en conta que xa se pode ver na rede o documental.

Problemas ca confraría

O único punto de discordia que atopaou o equipo de produción chegou dende a confraría. Unha confraría que polo de pronto, segundo denuncia a produtora, quere facerse co dereito intelectual da obra. Unha confraría que realizou a presentación da documental sen apenas promoción e, sobre todo, se avisar á produtora.

Un problema circunstacial e puntual neste curso, pero que dende a produtora pensan que se solucionará sen maior problema. Porque o problema vén dende o ano pasado, de canda o cambio de directiva. Coa xunta directiva anterior, que estivo traballando en Laxe ao longo de 30 anos, afirman dende a produtora, que non tiveron problema algún. Máis ben todo o contrario. Sen embargo, o cambio de directiva foi acompañado dun cambio de actitude que intenta anotarse un tanto sen recoñecer o traballo do arredor.

Os soños do mar



Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Redacción de QPC ( info@quepasanacosta.com).

4 Comentarios

  1. [...] o seu arrecendo a mar. Primeiro, aló polo 2008, chegou Naufraxio. No 2009, fixéronnos chorar con Os soños do Mar. E esta semana, a produtora Mandeo Records volve para completar a triloxía sobre a vida no mar de [...]

    Pingback por Unha nova documental de Mandeo Records pechará a triloxía sobre o mar de Laxe — 13 Xuño 2011 @ 17:27

  2. [...] está en marcha a terceira documental que completará a triloxía sobre a vida no mar de Laxe, que está a desenvolver a produtora Mandeo Records no marco dun proxecto de dignificación de [...]

    Pingback por Juan Diéguez, Estíbaliz Veiga e Carlos Blanco fanse mariñeiros en Laxe — 21 Xuño 2011 @ 11:10

  3. [...] equipo xa ten amosado a vida no mar de Laxe, a representación do Naufraxio, así como unha reportaxe do III Atalajazz [...]

    Pingback por Mandeo Recors invade Bergantiños — 11 Novembro 2011 @ 22:02

  4. [...] Unha vida no mar de Laxe. [...]

    Pingback por Soñando no mar da Costa da Morte — 13 Abril 2012 @ 10:14

Canal RSS dos comentarios da entrada.

Este formulario de comentarios está pechado neste momento.