Voltamos coa política das primeiras pedras tan manida na Costa da Morte na época do Bipartito. Esta mañá de martes 13 de setembro deron comezo (como prometeran o pasado mes de xuño) as obras do Parador de Muxía, esta infraestrutura turística que parece que fará olvidar a crise na Costa da Morte.
Con 8 anos de retraso tras ser prometido como contrapartida pola desfeita do Prestige, o Goberno Central aprobou o investimento de 25,7 millóns de euros, un 25% máis baixo que o aprobado inicialmente. A obra ten 36 meses de prazo de execución polo que o Parador non estará operativo ata setembro de 2014. Daquela será o 3º da provincia coruñesa e o 12º en Galicia.
O edificio ocupará nada menos que 128.000m2 da fermosa e virxe zona de Lourido. Contará con 90 habitacións dobles, spa-talasoterapia, piscina exterior, aparcamento cuberto e xardíns, entre outros equipamentos.
Sesión política
A “pedra” servíu ademais para que os medios estatais preguntase ao ministro de Industria, Turismo e Comercio, Miguel Sebastián, pola súa aparición ou non nas listas do PSOE para o 20N. Sebastián estivo arroupado por moitos compañeiros de partido, como o Ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, o alcalde de Muxía, Félix Porto e o subdelegado do Goberno en Galicia, José Manuel Pose Mesura.
Tan só a nova delegada territorial da Xunta, Belén do Campo, participou en nome do PP.
Caamaño referiuse á “resistencia do pobo da Costa da Morte como a da súa paisaxe”, lembrando a época do Prestige, e semella que tamén a “lei do retraso” que sufrimos neste recuncho do mundo. Porto, pola súa parte valorou este día como “unha viaxe sen retorno cara o turismo, o lecer e a cultura como industria do futuro na Costa da Morte”.
Novas relacionadas
- 15-06-11:
- O Parador de Muxía comezará a construirse en setembro.
- 16-05-11: Dous Ministros visitan a zona do Parador.
- 06-05-11: Aprobados 25 millóns de euros para o Parador de Muxía que será unha realidade en 3 anos.
- 15-04-11: O BNG pregunta polo Parador.
- 20-09-10: Presentado oficialmente o Parador de Lourido.
- 25-01-10: As dúas e distintas vitorias sobre o Parador.
- 22-01-10: A Xunta aproveita aproveita a Fitur para anunciar o desbloqueo do Parador.
- 13-12-09: Fin de ano Parado.
- 13-11-09: O Parador terá que esperar.
- 02-11-09: Cruce de responsabilidades en torno ao Parador de Muxía.
- 30-10-09: O PP afirma que o Parador está parado dende Madrid por irregularidades no concurso.
- 09-09-2009: O Parador apelídase Penela.
- 29-04-2008: Sae a concurso o anteproxecto do edificio do Parador de Muxía.
- O recuncho da Costa (LXXII): A praia de Lourido.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
Etiquetas: lourido, muxia, parador, parador de muxia, paradores

























[...] suma e segue a destruiçom do património natural da nossa terra http://www.quepasanacosta.com/?p=9256 por cascabulho hai 2 segundos [...]
Pingback por suma e segue a destruiçom do património natural da nossa terra — 14 Setembro 2011 @ 21:34
[...] en marcha, foto ao canto. Como lles segue a gustar aos políticos da zona. Xa o vivimos a pasada semana co alcalde de Muxía (PSOE) e a famosa “primeira pedra” do, neste caso, …. Onte foi o Conselleiro de MATI Agustín Hernández (PP) o que se achegaba a zona para visitar as [...]
Pingback por En marcha o heliporto de Lires ante as fotos dos políticos — 23 Setembro 2011 @ 09:12
[...] que estamos en campaña. Se a semana pasada en Muxía colocaban a primeira pedra do Parador para sacar a foto de familia, e este sábado o mesmo Ministro de Xustiza se achegará a Lires para visitar as obras do [...]
Pingback por Un repaso ao estado da Autovía da Costa da Morte — 23 Setembro 2011 @ 09:36
[...] xeira de fotos de campaña. Así o critican dende o PSOE camariñán, que despois de participar na colocación da primeira pedra do parador muxián, critican que o PP faga o propio inaugurando, en plena campaña, infraestruturas que xa estaban en [...]
Pingback por Inauguradas as depuradoras de Corme e Camelle ante as críticas dos socialistas — 27 Setembro 2011 @ 10:45
[...] Achégase a tráxica data do 20N, e os cruces electorais xa están afiados. Esta semana, o PSOE arremete contra o PP, ao considerar que a visita do Presdiente de Portos a Corme, ademais de ser un acto “propagandístico e partidista”, vulnera a lei a electoral pois parece claro que “non se pode entender como unha visita técnica”, como denuncian dende o PSOE. I é que non se poden facer inauguracións, nin primeiras pedras en período de campaña, de aí que a do parador se colocase hai un mes. [...]
Pingback por O PSOE comeza coa campaña 20N — 20 Outubro 2011 @ 09:32
[...] Porto colocando a primeira pedra do Parador Aló por setembro do 2011 colocábase a primeira pedra, asegurando que a finais do 2014 estaría ope…. Pero parece que o Parador de Muxía non vai ser posible, alo menos por [...]
Pingback por O Goberno paraliza o Parador de Muxía — 13 Marzo 2012 @ 13:24
[...] 14-09-11: Colocada a primeira pedra do Parador de Muxía que estará en funcionamento a finais do 2014. [...]
Pingback por A oposición política da Costa da Morte únese polo Parador — 14 Marzo 2012 @ 14:17
[...] 14-09-11: Colocada a primeira pedra do Parador de Muxía que estará en funcionamento a finais do 2014. [...]
Pingback por As excusas do Parador — 15 Marzo 2012 @ 13:16
[...] 14-09-11: Colocada a primeira pedra do Parador de Muxía que estará en funcionamento a finais do 2014. [...]
Pingback por O PP denuncia que o Concello de Muxía utiliza ás escolas politicamente co asunto do Parador — 23 Marzo 2012 @ 16:10
[...] 14-09-11: Colocada a primeira pedra do Parador de Muxía que estará en funcionamento a finais do 2014. [...]
Pingback por As obras do Parador de Muxía empezarán o luns — 26 Xuño 2012 @ 11:24