Bisbarra, Cultura
Ubaldo Cerqueiro - 14 Setembro 2011 - 16:30 | 7 Comentarios

A Pataca Fina de Carballo vaise cocendo a lume lento


O pasado luns 12 de setembro, a Aula de Cociña de Porto Muiños, en Cambre, acolleu unha xornada sobre “Variedades locais e gastronomía”. Unha cita encadrada no proxecto de cooperación “Novos Horizontes”, no que participa moi activamente a Asociación GDR Bergantiños. A recuperación de sementes tradicionais como a da Pataca Fina de Carballo é unha dos seus principais obxectivos.

A Xornada, que combinaba o consumo responsable co cultivo de produtos da terra, abriuse ás 10:30h e estendeuse ata pasadas as 15:00h coa degustación de pratos cociñados coas variedades de horta presentadas e outros produtos agroalimentarios de acompañamento. A pacata carballesa foi unha das protagonistas con estes fermosos e sabrosos pinchos, e segue aportando argumentos para ser incluída na Arca do Gusto da Slow Food, xunto á Centola de Lira, o porco celta e o millo corvo de Bueu.

Pincho de Pataca Fina de Carballo

Galicia faise a lume lento

Precisamente, o Convivium Galicia da Slow Food foi unha das organizadoras xunto ca empresa local, e o Grupo de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos. Trala presentación Encarna Otero Cepeda, explicou o funcionamento do Movemento Slow Food, e que entre os seus obxectivos establécense os de actuar a favor da salvagarda da cociña local, das producións tradicionais, das especies vexetais e animais en perigo de extinción e fomentar un novo modelo de agricultura, menos intensivo e máis limpo, ademais do comercio local.

Consumindo responsablemente

En terceiro lugar, os representantes das Cooperativas de Consumo Responsable (Zocamiñoca da Coruña, A Cova da Terra, de Lugo, e A Xoaniña, de Ferrol) explicaron como funcionan estes grupos de Consumo, baseados en novas formas de comercialización agroalimentaria co obxecto de potenciar as producións ecolóxicas, respectuosas co medio ambiente e co carácter principal da proximidade do produto ás áreas de consumo.
Con este relatorio abriuse un interesante debate sobre a posición e o protagonismo que teñen os consumidores á hora de influenciar na calidade e na procedencia da oferta de produtos agroalimentarios e falouse sobre a necesidade de sensibilizar á poboación en xeral e aos produtores en particular á hora de xerar e posibilitar fórmulas de consumo máis responsables, dando un protagonismo especial ás feiras e mercados.

O último relatorio da xornada correu a cargo de María Carrascosa García da Rede Andaluza de Sementes, a través de videoconferencia, na que expuxo os traballos que está levando a cabo esta organización para recuperar o patrimonio xenético vexetal, fomentar as fórmulas ecolóxicas nas explotacións agrogandeiras, manter a biodiversidade do territorio andaluz e conservar o saber facer dos traballadores do campo.

E degustando con bo padal

Como parte destacada desta xornada preparouse unha degustación dos produtos obtidos das parcelas demostrativas postas en marcha durante este ano 2011, así como outros produtos agroalimentarios do territorio. Esta degustación presentouse como clave para dar a coñecer as variedades cultivadas polos produtores entre restauradores, formadores, consumidores e público en xeral e foi un gran éxito de afluencia e aceptación de todos os produtos saboreados.

Os produtos das parcelas demostrativas que se degustaron son: tomates (Negro de Santiago, Avoa de Osedo), pementos (Arnoia, Grande do Couto, Mougán, Oimbra, Punxín), cebolas (Betanzos, Ribadeo, Vilagarcía), repolo de Betanzos e a pataca Fina de Carballo. O GDR Bergantiños achegou a esta cata os produtos desenvolvidos nos campos experimentais de Tomate Negro de Santiago, pementos de Arnoia e Punxín e pataca Fina.

Máis pataca

Festa da Pataca de Coristanco 2011

Por certo, que esta fin de semana temos outra cita coa Pataca, pero desta volta na XXXI Festa da Pataca de Coristanco.

Máis información

Novas relacionadas

7 Comentarios

  1. [...] A Pataca Fina de Carballo vaise cocendo a lume lento. [...]

    Pingback por Curso de Gin Tonics para hostaleiros en Corcubión — 15 Setembro 2011 @ 10:12

  2. [...] Este pasado domingo, o concello bergantiñán de Coristanco acollía a XXXI Festa da Pataca de Coristanco. Unha cita gastronómica de primeira orde, na que participou a “Asociación de Desenvolvemento da Comarca de Bergantiños”. A entidade está a impulsar a recuperación e o consumo de variedades tradicionais de horta da bisbarra. Así, o GDR bergantiñá estivo presente cun stand informativo do programa Leader e do proxecto Novos Horizontes, que tanto éxito ten a pé de rúa como en formato degustación. [...]

    Pingback por A Festa da Pataca de Coristanco abre Novos Horizontes — 20 Setembro 2011 @ 09:09

  3. [...] A Pataca Fina de Carballo vaise cocendo a lume lento. [...]

    Pingback por Achegando o sabor do mar ao interior — 29 Setembro 2011 @ 09:42

  4. [...] A Pataca Fina de Carballo vaise cocendo a lume lento. [...]

    Pingback por Carnota tamén quere ampliar os seus horizontes no seu agro — 23 Novembro 2011 @ 12:31

  5. [...] A Pataca Fina de Carballo vaise cocendo a lume lento. [...]

    Pingback por 11 tapas seguen correndo esta fin de semana polos bares de Muxía — 15 Decembro 2011 @ 15:31

  6. [...] A Pataca Fina de Carballo vaise cocendo a lume lento. [...]

    Pingback por O iogurín do Coral gaña o Concurso de Tapa Muxía — 20 Decembro 2011 @ 14:27

  7. [...] A Pataca Fina de Carballo vaise cocendo a lume lento. [...]

    Pingback por Álvaro Cunqueiro tamén quere xantar nas Garzas — 24 Xaneiro 2012 @ 09:59

Canal RSS dos comentarios da entrada.

Este formulario de comentarios está pechado neste momento.

 
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE