Deportes, Firmas QPC Deportes, Fútbol
Pablo Mouro - 22 Setembro 2011 - 11:19 | Comments Off

Primeiros Auxilios Básicos (I)


En primeiro lugar, desculparme con todo o mundo e, sobre todo, con QPC pola miña ausencia durante estes meses, debido a motivos laborais que nestes tempos tan complicados hai que aguantar de todo.

O artigo de hoxe, ímolo adicar a ese compoñente do equipo que soe estar no banco e sae a atender aos xogadores cun botiquín (ou en moitas ocasións, amago de botiquín ou só esa estupenda auga bendita que cura todo), cando estes se mancan. É unha figura moi importante en calquera deporte e por desgraza non se lle da esa importancia que debería ter e despois vense auténticas “animaladas” nos campos de fútbol. Dende aquí, fago un chamamento a Federación, que obriguen aos equipos de fútbol a ter calquera dos compoñentes (presidente, vocais, delegado, xogadores, etc.), cunha formación en primeiros auxilios e aínda mellor, que a mesma Federación os imparta. Unha boa asistencia pode previr e evitar moitos golpes tontos e, por que non, tamén desgrazas.

De que vou falar nestes artigos de Primeiros Auxilios Básicos? Pois de cómo actuar ante diferentes circunstancias que pode ter un partido de fútbol e cunha linguaxe que todo o mundo poida entender. Serán cousas moi sinxelas que todo o mundo pode facer. Comezamos:

O compoñente máis importante é o famoso botiquín que ten que ter a seguinte composición:

  • Botella de alcohol.
  • Botella de Povidona Iodada (Betadine).
  • Botella de auga oxigenada (H2O2).
  • Gasas.
  • Tiritas.
  • Spray que de frío (Refelx, Bexidermil, etc.).
  • Pastas, pomadas o cremas de calor (finalgon, red hot, etc.).
  • Vendas.
  • Esparadrapo (de tela a poder ser que aguanta mellor).
  • Tesoiras e pinzas.
  • Suero fisiolóxico.
  • Algodón.
  • Tira de gasa.

Poderíanse meter moitas máis cousas, pero estas serían moi básicas. Alguén dirá: “e non hai aspirinas ou termalgin”. Se alguén ten que utilizar este tipo de medicación por vía oral, dubido moito que este en condicións de xogar. As cremas, sprays, pastas e pomadas que poño no listado ten a súa xustificación de estar, xa que se poden empregar sen estar un mal.

Despois de ver a composición dun bo botiquín, imos ver en próximos artigos para que se utiliza cada cousa, que parece unha tontería, pero seguro que vos sorprende algunhas cousas e mitos que hai por aí.

A primeira lección e quizais a máis importante de todas ca que imos comezar é:

  • Cando hai unha persoa mareada (semiconsciente) ou inconsciente, está totalmente prohibido darlle nada a inxerir pola boca, nin sequera a famosa auga bendita, sexa cal sexa o tipo de golpe! Razón: o reflexo farínxeo pode ser que non funcione; para que todo o mundo entenda: se lle damos auga, ninguén nos garante que esa auga baixe pola gorxa en dirección ao estómago e pode ser que baixe cara os pulmóns provocando unha situación de emerxencia na que incluso poda existir un risco vital. Polo tanto prohibido!

Nos próximos artigos veremos máis cousas. Quedádevos con o que ten que levar un botiquín e a importantísima primeira lección para empezar. Calquera dúbida que teñades, podedes contactar comigo como xa fixo algunha xente e propoñer temas dos que queirades saber máis.

Aproveito para desexarlle unha pronta recuperación a un excompañeiro como foi Jesus, xogador do Xallas F.C. que este mércores pasado se operaba de ligamentos cruzados.

  • Pablo Mouro (pablomouro@quepasanacosta.com).

Máis artigos de Pablo Mouro

Máis información

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.com).

Etiquetas: , , ,

Non hai comentarios

Aínda non hai comentarios.

Canal RSS dos comentarios da entrada.

Este formulario de comentarios está pechado neste momento.