Bisbarra, Corcubión
Ubaldo Cerqueiro - 29 Setembro 2011 - 10:12 | 5 Comentarios

Un novo alcalde imputado na Operación Orquesta


O alcalde corcubionés e un cartel dunha obra de Ogando en Corcubión

Continúa a trama. A Operación Orquesta continúa en macha como o corrobora o feito de que o alcalde de Corcubión se suma á lista de imputados, 28 en total. A Policía acusa a Francisco Lema, Chisco, de prevaricación e tráfico de influencias. O alcalde xa pasou hai dúas semanas polas dependencias da Policía Nacional da Coruña, onde se acolleu ao seu “dereito de non declarar”.

Varias obras desenvoltas pola empresa que focaliza a trama, Construcciones Ogando, poden ser a raíz do problema. De feito, xa apuntaramos que Ogando propuxera realizar labouras de mantemento de xardíns de balde, coa intención de coartar ao Concello para que lle outorgasen outra clase de obras municipais máis lucrativas.
O proceso sería semellante ao desenvolto nos outros concellos implicados. O concurso para unhas obras subvencionadas, neste caso polo Plan E, sae sen publicidade. 3 empresas (a devandita e outras 2 invitadas como simples consortes), se presentan para que Ogando leve o pastel. Por agora non se comprobou que a trama continúe coa devolución do favor en forma de boas comilonas aos alcaldes invitados pola empresa, e o financiamento, en B, das festas patronais, como si está demostrado nas festas da Xunqueira ou en Mazaricos.

Pola súa banda, o alcalde corcubión non se amosa demasiado preocupado e considera “un pouco esaxerado” o proceso xudicial aberto na súa contra. “Teño claro que cando explique o que hai retiraranse os cargos contra min”, pero tamén asegura que se non é así, “serei consecuente politicamente”. No seo do grupo de goberno asumen a situación pero se amosan “moi tranquilos, e traballando igualmente”.

Novas da Operación Orquesta

Artigos relacionados

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
  • La Voz de Galicia.

Etiquetas: , , , , , , , , , , ,

5 Comentarios

  1. [...] a moitas persoas preocupadas en chorradas mentres por diante deles pasan graves contradicións. A última admisión no prestixioso club da “Orquestra” afirma que agarda a falar co xuíz para tomar unha decisión sobre o seu futuro político. Vale. E [...]

    Pingback por Apatía — 30 Setembro 2011 @ 08:32

  2. [...] Un novo alcalde imputando na Operación Orquesta. [...]

    Pingback por O PP de Corcubión denuncia máis consecuencias do Caso Sambade — 6 Outubro 2011 @ 12:19

  3. [...] puña na vangarda da información libre. A Operación Orquesta, que arrincaba o 31 de xaneiro cun longo, aínda inconcluso, proceso xudicial contra a corrupción nos Concellos de Cee, Fisterra, Mazaricos e Corcubión. Estaremos atentos este 2012 ás novidades xudiciais dos [...]

    Pingback por Repaso ao 2011 na Costa da Morte — 30 Decembro 2011 @ 11:11

  4. [...] seu carón en Corcubión un home atormentado e imputado, por suposta prevariación (un afeccionado ao carón do outro, claro). É o que ten non contar con [...]

    Pingback por Témolos a eito — 2 Febreiro 2012 @ 20:19

  5. [...] Dende setembro pasado non escoitabamos os ecos da Operación Orquesta. Hoxe, amencemos coa reactivación do caso por parte do xuíz, nunha trama que inclúe a 28 persoas, entre políticos, funcionarios, empregados municipais e empresarios. [...]

    Pingback por A Operación Orquesta volve subir ao escenario — 23 Maio 2012 @ 08:22

Canal RSS dos comentarios da entrada.

Este formulario de comentarios está pechado neste momento.