Actualidade
PUBLICIDADE
Destacada  24 comunicacións para viaxar de Castros a Castelos polo Olimpo Celta
22 Maio 2013 - 17:42 | Sen Comentarios
Impresionante o nivel que acadan as ponencias das Xornadas de Historia e Patrimonio De Castros a Castelos

Francisco Alonso Toucido, Olalla López-Costas, Manuel Gago e Antón Malde, Pablo Ordás, Silvia Cernadas, Antonio Castro Rozados e Javier Castiñeiras serán os poñentes do cuarto bloque do completísimo Programa das Xornadas de Historia e Patrimonio De Castros a Castelos que artella a Asociación Monte Pindo Parque Natual para os vindeiros 1 e 2 de xuño. [...]

Ler a entrada completa »

Arquivado en: Bisbarra

FIRMAS QPC
foto_opinador Domingo Guerra

:: Economía Municipal

Presión fiscal dos nosos concellos

foto_opinador José Luis Louzán

:: Verdades

Botando contas

foto_opinador Manuel Suárez Suárez

:: Lonxe de Montevideo

Unha loitadora emigrante de Vimianzo en Montevideo

 
Bisbarra Os Regueifeiros de Bergantiños cántanlle a Rosalía cun Premio
22 Maio 2013 - 07:50 | Sen Comentarios
Os catro regueifeiros en activo de Bergantinos: Guillermo da Rabadeira, Antonio de Xornes, Fermín da Feiranova e Suso de Xornes

Os Regueifeiros de Bergantiños son os gañadores da IV edición do Rosalía de Castro, o premio de promoción da lingua e a cultura galega que convoca cada ano a Deputación. Os membros do xurado decidiron distinguir aos catro regueifeiros de Cabana “pola súa contribución á supervivencia dunha tradición cultural e lingüística milenaria”. O tribunal tamén [...]

Ler a entrada completa »

Arquivado en: Bisbarra

PUBLICIDADE
Cultura
Muros xa comeza a Mirar ao Mar
22 Maio 2013 - 07:15 | Sen Comentarios
Muros Mira ao Mar 2013

Xa están en marcha unhas das festas máis fermosas de recente creación na zona. De feito, xa temos cartel das IX Xornadas de Cultura Mariñeira Muros “Mira ao Mar”. A gañadora do certame foi Paloma Quintela García, e o seu debuxo será o que sirva de cartel para promocionar esta festa tradicional. A cita será [...]

Festas
O Concello de Vimianzo presenta alegacións á negativa da Xunta a declarar o Asalto Festa de Galicia de interese turístico
22 Maio 2013 - 06:56 | Sen Comentarios
A Festa do Asalto ao Castelo espera que a Xunta o declare Festa de Interese Turístico - Foto- Tania Carreira

Logo de recibir no Concello de Vimianzo a notificación da Axencia de Turismo de Galicia na que comunican a desestimación da solicitude de declaración do Asalto ao Castelo como Festa de Galicia de Interese Turístico alegando que “non se cumpren satisfactoriamente os requisitos de calidade, valor cultural, creatividade e singularidade dos actos”, desde o concello [...]

Cultura
De obsequio institucional da Deputación, unha peza de Buño
22 Maio 2013 - 06:45 | Sen Comentarios
Obsequios da olería de Buño que entregará a Deputación da Coruña-Foto- La Opinion

Boa nova, dende logo, para os Oleiros de Buño. Que unha institución como a Deputación utilice as túas pezas como obsequios é un recoñecemento tremendo. E máis, unha institución como a Deputación que fai constantemente regalos institucionais en todas partes, o que supón unha boa carga de traballo para o oleiro, unha profesión en perigo [...]

Bisbarra
Voces públicas contra a megaminaría en Galicia
21 Maio 2013 - 12:20 | 2 Comentarios
Caras visibles contra a minaria de Galicia

Xa van 35.000 persoas que asinaron a petición en Charge.org de Salvemos Galicia para parar a megaminería contaminante no noso país. Baixo o lema “Galicia está en perigo, pero aínda estamos a tempo de salvala”, personalidades do eido da cultura e do deporte a nivel galego e a nivel estatal, ceden a súa voz para [...]

Bisbarra
A Costa da Morte súmase de novo á Limpeza simultánea de Praias
21 Maio 2013 - 11:40 | Sen Comentarios
Mosaico de botellas de plástico coa "colleita" do ano pasado nunha das praias

Non cabe dúbida que na Costa da Morte somos especialistas en limpeza de praias. Non hai máis que pasar polo Pindo a falar co eterno voluntario, Sven, que artella unha limpeza cada dous por tres. E se ben consideramos que este sería un traballo dos concellos ou da Xunta, non podemos senón valorar o esforzo [...]

Bisbarra
Os Grupos do BNG de Corcubión e Fisterra completan as súas listas con xente da casa
21 Maio 2013 - 11:07 | Sen Comentarios
Xan Carlos Sar, á esquerda, e Susana Trillo son os novos edís dos BNG de Fisterra e Corcubion ocupando as prazas de Modesto Fraga e Oscar Insua

Goretti Sanmartín Rei, Secretaría de Implantación e Estratexia Municipal do BNG acudiu o sábado a Corcubión para presentar as novas caras dos Grupos municipais de Corcubión e de Fisterra, após dos cambios das ultimas semanas. En Corcubión, a anterior Responsable Local, Susana Trillo pasa a ocupar o posto de concelleira que deixou libre o anterior [...]

Cultura
Posta de longo en Madrid do Museo Torre Pujales de Corme
21 Maio 2013 - 07:44 | Sen Comentarios
Presentación na Casa Galicia de Madrid do Museo de Arte Contemporánea de Corme coa presencia de Cristina Torres Cervigon

Entre numerosas personalidades da cultura de toda España presentouse onte o Museo de Arte Contemporánea “Costa da Morte”, proxecto que naceu como homenaxe ao pintor Julio Pujales pola iniciativa da súa viúva e creadora da Fundación Torre-Pujales. A presentación tivo lugar na Casa Galicia, seguindo a estela aberta hai apenas un par de semanas polo [...]

Cultura
A familia do Peñón de Laxe celebrou a súa festa un ano máis
21 Maio 2013 - 07:25 | Sen Comentarios
Familia do Penon de Laxe-Foto-Jose Manuel Ojen

Non hai moito coñecimos á A Asociación de Minusválidos O Peñón de Laxe, que xa leva 12 anos eliminando barreiras. Pois un ano máis, celebrouse no incomparable marco da “Braña de Soesto”, o día do Peñón de Laxe. Unha romaría familiar que se celebra desde fai moitos anos, na que veciños e familiares realizan unha [...]

Ponteceso
Crece a polémica en Ponteceso ante a imposibilidade de gravar os plenos
21 Maio 2013 - 07:11 | Sen Comentarios

A semana pasada o pleno de Ponteceso quedaba a medias ante a marcha de todos os grupos da oposición. Un pleno no que ademais era expulsado un veciño por intentar gravar o pleno. Unha decisión bastante controvertida pois, como temos falando en varias ocasións, os plenos son actos públicos nos que ten que estar permitido [...]

Cee
Aberto o prazo de matrícula na Escola Infantil de Cee
21 Maio 2013 - 06:22 | Sen Comentarios
Aberto o prazo de matricula da Escola Infantil de Cee

Tempo de reservar praza nas Escolas Infantís da bisbarra para os nosos pequenos. Así nos informan dende a Escola Infantil Municipal de Cee Vila da Xunqueira, que abriu o prazo de matrícula para novo ingreso na escola ata o 31 de maio. Xa poden poñerse en contacto coa escola no 981 747 506. Novas relacionadas [...]

 
:: PARTICIPA ::

Os últimos comentarios dos usuarios...

Síntoo ben pol@s mariscador@s

21-02-2013 - beto

Eu pregúntome que "desenvolvem

03-02-2013 - beto

O VIII Congreso Galego de Orni

30-01-2013 - beto