Actualidade
PUBLICIDADE
Destacada  17 de maio: A Xunta “pasa” do galego
18 Maio 2013 - 09:19 | Sen Comentarios
365 días en galego e sen a Xunta

A Xunta de Galicia marxinou á práctica totalidade dos medios de comunicación en galego da publicidade institucional do 17 de maio, Dia das Letras Galegas. A Secretaría Xeral de Medios de Comunicación inseriu anuncios da “festa das nosas letras” en xornais, radios e sitios web que empregan o castelán os 365 dias do ano en [...]

Ler a entrada completa »

Arquivado en: Bisbarra

FIRMAS QPC
foto_opinador Domingo Guerra

:: Economía Municipal

Presión fiscal dos nosos concellos

foto_opinador José Luis Louzán

:: Verdades

Botando contas

foto_opinador Manuel Suárez Suárez

:: Lonxe de Montevideo

Unha loitadora emigrante de Vimianzo en Montevideo

 
Bisbarra A Tortilla pode co vento
18 Maio 2013 - 09:15 | Sen Comentarios
Cociñando na Festa da Tortilla de Serantes-Foto- Jose Manuel Ojen

Non puido a metereoloxía coa Tortilla. Máis de 200 racións, de diferentes tipos, degustáronse na I Festa da Tortilla de Serantes, coincidindo co Día das Letras Galegas. Non só tortilla ademais, pois houbo outros manxares que fixeron as delicias de veciños e foráneos que nos acompañaron nesta xornada. Por un prezo moi asequible (nótase a [...]

Ler a entrada completa »

Arquivado en: Bisbarra

PUBLICIDADE
Bisbarra
A música ghalegha daghora está “On the road”
17 Maio 2013 - 19:11 | Sen Comentarios
Galicia onthe Road

Chega un tremendo de espectáculo itinerante que os organizadores de festas da Costa da Morte xa poden achegarnos. Galicia on the Road é o auténtico Dream Team do panorama musical actual galego que pretende convertirse nunha xira continua, que promocionaremos na Axenda Sonora da Costa da Morte. A idea é que os Concellos, Asociacións e demais [...]

Bisbarra
En marcha a Asociación de Medios en Galego con participación costeira
16 Maio 2013 - 18:33 | Un Comentario
Alguns-dos-Membros-da-Asociacion-de-Medios-en-galego

Once medios de comunciación — entre eles os costeiros QuepasanaCosta, O Compás da Costa, ademais de Radiofusión, Valminor.info, Novas da Galiza, Praza Pública, Galicia Confidencial, Sermos Galiza, Certo, Tempos Novos e a Nova Peneira– presentaron a “Asociación de Medios en Galego”, unha nova entidade que ten como obxectivo organizarse para manter e potenciar o galego, [...]

Bisbarra
Ata Cee celebrou o Día da Nakba por Palestina
16 Maio 2013 - 09:15 | Sen Comentarios
Chicha-e-Viki-lembrando-o-Dia-da-Nakba

“Algo estaremos facendo ben ou algo estarán facendo mal se ata en Cee, na Costa da Morte, se celebra o noso Día da Nakba”, espetaba o bo de Mohamed Safa ao entregado público que onte acodía ao Colonial Café de Cee para celebrar a data da catástrofe Palestina. Foi unha cita tremendamente emotiva na que [...]

Bisbarra
Unha Axenda das Letras que sería un orgullo para o propio Vidal Bolaño
16 Maio 2013 - 08:23 | Sen Comentarios
Axenda das Letras Galegas 2013 na Costa da Morte

Impresionante chega a Axenda da ponte das Letras Galegas deste 2013, adicadas a Roberto Vidal Bolaño. Non nos entran todas as citas na Axenda Costa da Morte, que chega con cousas de toda índole e condición, pasando polo teatro, música, exposicións, festas, citas gastronómicas, carrilanas… Todo ademais acompañado polos poucos programas municipais culturais deste ano [...]

Vimianzo
Os maiores de Vimianzo gozan dos beneficios termais
16 Maio 2013 - 07:30 | Sen Comentarios
Oas-maiores-de-Vimianzo-saudandonos-dende-Arnoi

Dous autobuses saían ás 9 da mañá de onte de Vimianzo en dirección á Arnoia, en Ourense, nuha excursión organizada desde o departamento de Benestar Social do Concello de Vimianzo para maiores de 60 anos. 187 persoas acompañadas pola Concelleira de Benestar, Mª José Ramos Rey, gozarán de tres días de relaxación e tratamentos no [...]

Bisbarra
Rosa Quintana desmárcase da Operación Forest e bota ás culpas ao Bipartito
16 Maio 2013 - 07:25 | Sen Comentarios
Rosa Quintana deixou caer que as axudas supostamente ilegais do fraude forestal foron aprobadas polo bipartito

“Non queremos desculpar, encubrir, simular, disimular, disfrazar, atenuar ou paliar esta suposta trama”, sinalaba onte Rosa Quintana, pero lembrou que “as axudas obxecto de estudo por parte da Xustiza foron tramitadas e aprobadas en base a un manual de procedemento e control aprobado pola anterior Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais, en xullo de [...]

Muxía
Os comerciantes de Muxía monta a súa Autofeira
16 Maio 2013 - 07:20 | Sen Comentarios
I Autofeira Muxia 2013

Coa axuda do Concello de Muxía, por suposto, pero a iniciativa parte da propia Asociación Muxiá de Empresarios e Comerciantes ASMECO. Trátase da I Autofeira Muxía, que se celebrará na vila da Barca durante os vindeiros 17, 18 e 19 de maio. Haberá un pouco de todo, dende exposicións de vehículos e bicicletas polo paseo [...]

Carnota
A Feira de Produtos Locais de Carnota volverá en xuño co sorteo dunha cesta
16 Maio 2013 - 07:13 | Sen Comentarios
Feira-de-Produtos-locais-de-Carnota-de-xuno-2013

E mentres tentamos recuperar o nome tradicional galego por Carnota xa andan pensando no vindeiro Mercado, ou Feira, do 1º sábado de cada mes. Estes días, concello e produtores xuntábanse para organizar a próxima edición o vindeiro sábado día 1 de xuño co obxectivo de analizar propostas e ideas para potenciar a feira. Cmo novidade [...]

Bisbarra
Piden a declaración das dunas de Lourido como Espazo Natural de Interese Local
16 Maio 2013 - 07:05 | Sen Comentarios
Imaxe do Complexo dunar e a Praia de Lourido

Non sabemos se un Parador e un campo de golf son compatibles coa catalogación de Espazo Natural de Interese Local. Pero esto é o que vén de solicitar o BNG de Muxía sobre complexo dunar e a praia de Lourido. Consideran que “o complexo dunar de Lourido é un espazo cun importante valor natural, cunha [...]

Corcubión
O alcalde de Corcubión asegura que hai un proceso de contratacion aberto para o mantemento eléctrico
16 Maio 2013 - 06:25 | Sen Comentarios
A relación entre o alcalde e a voceira do PP nunca foi moi boa

Esta semana a voceira do PP de Corcubión denunciaba a contratación a dedo do servizo de mantemento eléctrico por parte do Concello. Hoxe, o alcalde Francisco Lema “Chisco”, envía un escrito no que asegura que “a propia Gema Freire se descalifica ela soa” acusándoa de descoñecemento. Chega mesmo que a “é penoso ver como a [...]

 
:: PARTICIPA ::

Os últimos comentarios dos usuarios...

Síntoo ben pol@s mariscador@s

21-02-2013 - beto

Eu pregúntome que "desenvolvem

03-02-2013 - beto

O VIII Congreso Galego de Orni

30-01-2013 - beto