Venres, 21 de novembro do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Corcubión é o concello da bisbarra que máis gasta en soldos de políticos  Correo-e
sábado, 14 de julio do 2007

Comparativa soldos da bisbarra 

Hai uns días facíamos unha comparativa dos soldos e as adicacións exclusivas dos Concellos da bisbarra. O único dato que nos faltaba para completar o cadro era o de Corcubión, porque todavía non se celebrara o pleno onde se decidían esas cuestións.

Onte foi ese pleno e xa temos os datos: Corcubión destinará 112.000 € a soldos, case un 10% do presupuesto municipal (Fonte: La Voz de Galicia). Desta maneira colócase a cabeza en números absolutos dos concellos da bisbarra, a pesar de ser o máis pequeno deles.

A relación de gasto en soldos de políticos por número de habitantes, queda en Corcubión en cerca de 56 €/habitante. A comparativa deste dato co do resto da bisbarra o podedes ver no gráfico que acompaña a esta nova.

O alcalde, Rafael Mouzo, non vai cobrar nada, pero si que van a cobrar os seguintes integrantes do equipo de governo:

  • Gema Freire, tenente de alcalde do PP, 1800 € al mes en 14 pagas.
  • Óscar Ínsua, tenente de alcalde do BNG, 1800 € al mes en 14 pagas.
  • Francisco Javier Domínguez, edil do BNG, 1550 € brutos al mes máis a Seguridade Social.
  • Cristina Vázquez, edil tamén do BNG, 900 € al mes.

Hai que indicar que Francisco Javier Domínguez cobrará como concellal pero despois de deixar o seu traballo como empleado municipal, aínda que seguirá ocupándose do posto que deixa vacante e del que non se cubre a praza.

Con estos datos queda así a comparativa de soldos e adicacións da bisbarra:

ConcelloAdicaciónsGasto en SoldosGasto en Soldos / habitante
Cee3104.000 €13.89 €/habitante
Vimianzo4102.200 €12.16 €/habitante
Zas285.550 €15.08 €/habitante
Camariñas373.123 €11.56 €/habitante
Dumbría265.000 €16.37 €/habitante
Fisterra265.000 €12.98 €/habitante
Muxía247.000 €8.18 €/habitante
Corcubión4112.00056 €/habitante

Fonte:

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com