Venres, 21 de novembro do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Nace o ‘Hot Club’ para fomentar o jazz en Laxe  Correo-e
sábado, 29 de marzo do 2008

O programa pioneiro na divulgación do jazz que realizaba Televisión Española nos anos oitenta chamábase ‘Jazz entre amigos’. Con esa idea do vínculo emocional que xera esta clase de música e a afinidade de persoas diversas cun nexo de unión claro créase o ‘Hot Club de Jazz’ en Laxe. O obxectivo primeiro é organizar e facer máis grande o festival Atalajazz que se celebra cada verán. Outras metas veñen despois. No camiño, moita festa, como a que houbo o pasado venres 21 no bar Escarabello, que serviu de acto fundacional para a asociación.

A directiva compóñena nove persoas; o presidente, Víctor García Pose; o vicepresidente, Javier Facal; a secretaria, Cristina Vázquez; o tesoureiro, Xavier García Lema; e os vocais Antonio Bello, Emma Rodríguez, José Eugenio Bello, Castor Montes e Antonio Mosqueira. Ademais, o colectivo xa ten vinte socios.

Cristina Vázquez, que tamén é técnico de Cultura do Concello, adianta que pensan facer unha festa similar cando se achegue o verán, malia que aínda está por confirmar. O que si é seguro é que para despois do festival Atalajazz programaranse “ciclos de cine, concertos e obradoiros”. A ‘materia prima’ principal será o jazz, pero a acción deste colectivo está “aberta a outros xéneros”. Abofé que a iniciativa terá éxito se segue polo camiño que se apuntou na festa fundacional, onde se encheu o bar e “houbo xente que se tivo que quedar fóra”.

Novas relacionadas

Fonte

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com