Venres, 25 de xulio do 2008
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Horarios autobuses Costa da Morte


Advertisement

RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Óscar Insua:“En Chulavista podíanse facer 20 vivendas e finalmente aprobáronse 63”  Correo-e
lunes, 31 de marzo do 2008

O segundo tenente alcalde e concelleiro de Urbanismo de Corcubión, Óscar Insua Lema, fai un repaso para O Acontecer dos primeiros nove meses de goberno no tocante ao departamento que dirixe. Fala ademais da urbanización Chulavista, que conseguiu licenza de obra do anterior goberno local e que recentemente foi paralizada logo de que o actual executivo pedise un informe ao Colexio de Arquitectos de Galiza.

  • Que balance faría dos primeiros nove meses de goberno en canto ao urbanismo?Image
  • A valoración é notablemente positiva, e as razóns son varias. Por un lado, desbloqueamos todas as licenzas de obras menores que cando chegamos tiñan atrasos de ata sete meses. Hoxe as licenzas concédense antes de un mes. Un veciño non pode esperar seis meses para poder cambiar unha fiestra. Por outro lado, desbloqueamos as licenzas de obra maior (había xente que levaba esperando oito e nove meses na etapa anterior), incluso retomamos proxectos de edificacións de vivendas que levaban dous anos ‘nin arre nin xo’. Ademais, estamos pouco a pouco outorgando licenzas para legalizar obras que foran paralizadas para reposición da legalidade, iso si, sempre conforme á normativa aplicable.

    Penso que todo ten solución menos a morte, e coas demolicións necesarias, tódalas obras pódense arranxar, o que pasa, é que unhas teñen unha solución máis fácil e menos complicada que outras. O máis importante de todo é que agora calquera persoa que se achegue ao Concello para preguntar sobre unha cuestión urbanística ou solicitar licenzas vai a ter quen o atenda e quen lle pode dar unha solución. Ademais, os recursos están optimizados, o que favorece unha xestión áxil e breve.

    • A oposición fala de ‘desastre urbanístico’ en Quenxe. É tan grave a situación?
    • A oposición pode falar moito e do que queira, e tamén do desastre urbanístico. Non hai maior desastre que non facer nada, iso foi o que fixo o anterior goberno: nada. Se un non fai nada, pódese pensar que nin o fai ben nin mal. Pero si fas algo ben, como repoñer a legalidade, terás tamén que atopar unha solución ao novo problema, non chega con parar e punto, e iso foi o que fixo o goberno anterior. Será que lle gusta moito ver as obras en estructura, ou quizais fixo das paralizacións un estandarte para vender nas eleccións. Non o conseguiu porque o pobo é sabio. Agora a situación tratamos de normalizala. É certo que houbo obras que infrinxían a normativa, pero a mesma normativa está para solucionar, que non é nin máis nin menos que adecuala á legalidade. Incluso chegamos a solicitar informes ao Colexio de Arquitectos de Galiza para que avalara certas legalizacións.

      • Por que se paralizou o edificio de vivendas Chulavista?
      • O edificio de Chulavista, en primeiro lugar non estaba rematado, polo que non se pode conceder licenza de primeira ocupación a unha vivenda que está na realidade sen rematar, por moito que teña un fin de obra firmado e visado. En segundo lugar, hai partes da obra executadas que non se axustan á licenza, entre elas o acceso, cuestión que o anterior goberno eludiu mirando para outro lado, pois o ex alcalde pedira varios informes sobre o muro que dá fronte á estrada provincial e dá acceso á urbanización privada, e non fixo nada. O informe, que vén firmado pola Xunta Directiva do Colexio Oficial de Arquitectos de Galiza, e que se solicitou a este organismo para que non houbera dúbida respecto da independencia e da obxectividade do mesmo, tamén fala do estudio de detalle aprobado no seu día polo anterior goberno. Por un lado di que se supera notablemente a edificabilidade, e por outra que o fondo da edificación se excede amplamente. E aínda para máis inri, non o publicaron no DOG, último paso obrigatorio que outorga eficacia a un acto administrativo como este, o cal é moi sospeitoso, porque onde se podían facer 20 vivendas, que se aproben 57, logo 61 e finalmente 63... En todo caso agora ábrese un proceso de reposición de legalidade para solucionar os problemas detectados e que a promoción retorne á normalidade.

        • Como vai o tema das axudas á rehabilitación de edificios no casco histórico?
        • Pois mellor, imposible. O equipo que está traballando na Oficina de Rehabilitación do casco histórico está poñendo moito empeño na súa función. Están traballando xa con vinte proxectos, e a cousa vai en aumento. A anterior equipa de goberno en catro anos só foi capaz de tramitar seis expedientes, que nós finalizamos. Nós en oito meses xa estamos con vinte expedientes. Ademais, a dinámica na oficina cambiou radicalmente, xa que os traballadores dedícanse só para iso, e fan os proxectos da propia rehabilitación, o que supón un aforro económico importante para os veciños de Corcubión. A xente pode rehabilitar calquera parte da casa, baños, cociñas, dormitorios, tellados, non teñen por que ser rehabilitacións integrais, nin repicar fachadas, poden entrar incluso o cambio de ventás. En breve faremos unha pequena campaña informativa, aínda que en todo caso, a oficina atópase aberta tódolos días da semana para calquera información.

          • O PSOE fala a miúdo das dedicacións exclusivas de varios edís do goberno. Que ten que dicir ao respecto?
          • Apostar polos recursos humanos sempre é unha medida positiva para o pobo, xa que son máis persoas para pensar e para traballar, e por tanto os resultados melloran e se abrevian, o que supón máis benestar para os veciños. Somos conscientes de que iso require certo presuposto, pero calquera alcalde da comarca cobra máis que dous de nós xuntos. Ao final o presuposto do Concello sae gañando, pois o noso traballo dá froitos e seguro que aumentará a grandes pasos. O que non podemos facer é repetir o que fixo a oposición, nada. Unha persoa con exclusividade ten que traballar e non pode xogar ao solitario no ordenador... iso era o que pasaba antes. Por iso non houbo resultados, agás na área de deportes, ao final ninguén se dedicou ao Concello, e pagouno o pobo durante catro anos. Agora a xente vese atendida no Concello, e ve que apuran as solucións ás súas demandas. A xente perdeu o medo a vir a Casa do Concello, e as portas están abertas para todos e todas, porque falamos con todo o mundo. A oposición nin traballou para o pobo sendo goberno, nin traballa agora sendo oposición coa súa actitude. Non valen desculpas baratas, só vale o traballo por e para Corcubión.

            Fonte

 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com