Actualidade
PUBLICIDADE
Destacada  Un muro en vídeo de #17Vitaminas para o galego
17 Maio 2012 - 07:05 | 2 Comentarios
Pincha na imaxe para ver navegar polo videowall 17vitaminas ou navegue dende aquí mesmo

Seguimos espallando a interesante proposta dos xa 31 medios de comunicación que aposta polo galego para expresarse e que forman parte da campaña Vitaminas para o galego. A que nos traen hoxe, especial para o Día das Letras Galegas, é un “vídeowall” (de aí o titular), con achegas de todas partes do país e do [...]

Ler a entrada completa »

Arquivado en: Bisbarra

FIRMAS QPC
foto_opinador Darío Areas

:: Tesouros da Fundación

Placa conmemorativa

foto_opinador Manuel Suárez Suárez

:: Lonxe de Montevideo

Adeus, egrexio mestre Cordeiro Monteagudo

foto_opinador Lorena Martínez Canosa

:: A Costa en verde

A vida dunha impresora: comprar, tirar e volver a comprar

foto_opinador Xusto Fisterra

:: A cara máis íntima do Naufraxio

“Vostedes digan o que queiran, que nós escribiremos o que queiramos” (I)

 
Bisbarra Arrinca un Festiletras de excepción
17 Maio 2012 - 07:03 | Sen Comentarios
Convivencia escolar para abrir o Festiletras

Arrincou. O Festiletras 2012, tras 30 anos de bulir cultural e milleiros de vitaminas para o galego, arrincou onte cunha convivencia dos centros de ensino da comarca de Bergantiños, nomeadamente o Colexio Rural Agrupado (CRA) Novo Mencer (Coristanco), o CRA Os Remuíños (Cabana de Bergantiños), o Centro Público Integrado As Revoltas, o CRA Nosa Señora [...]

Ler a entrada completa »

Arquivado en: Bisbarra

PUBLICIDADE
Cultura
Nace o novo Compás da Copa
17 Maio 2012 - 07:01 | Sen Comentarios
Compasdacosta

Hoxe, xoves día 17 nace www.compasdacosta.com, unha revista cultural que pretende dar a coñecer a axenda cultural e de lecer da Costa da Morte. Alegrámonos así de que a rede submariña na Costa da Morte reciba máis Vitaminas para o galego, e moitas máis se son para o eido cultural, vindo a completar a Axenda [...]

Carnota
Deseña a camisola da Festa da Queimada
17 Maio 2012 - 07:00 | Sen Comentarios
Certame Deseñanos a camisola da Festa da Queimada da ACDR O Patín de Carnota

Curiosa a proposta dende a ACDR O Patín de Carnota. I é que tras un ano de existencia, veñen que sacar un curioso concurso: I Certame de deseño “Deséñanos a camisola”. Un certame que pretende atopar un deseño para a Festa da Queimada de Carnota 2012. Así, a entidade quere que sexades vós os que [...]

Bisbarra
Máis de 90 grupos da zona participan na Rede Cultural da Deputación, que abre o prazo para Concellos e Asociacións
16 Maio 2012 - 14:30 | Sen Comentarios
Rede Cultural da Deputación da Coruña 2012

Ben é sabido que os programas culturais de Concellos e Asociacións viven da Deputación. E concretamente do programa da súa Rede Cultural. E xa está aberta a convocatoria para que os concellos e asociacións da provincia que queran solicitar actuacións dos grupos inscritos na Rede Cultural 2012. Así, Concellos e Asociacións deberán presentar as solicitudes [...]

Bisbarra
Vivindo a ocupación en primeira persoa
16 Maio 2012 - 11:45 | Sen Comentarios
3 compañeiros do COSAL representaron un chepckpoin á entrada da charla para exemplificar a ocupación do tempo por parte do estado israelí sobre o pobo palestino

Unha vintena de veciños ceenses achegáronse ata o Salón de Plenos do Concello para coñecer, en primeira persoa, a situación do conflito en Palestina. Coa charla “Palestina 2011: vivindo a ocupación”, o colectivo COSAL Costa da Morte segue espallando pola bisbarra a súa experiencia vivida o pasado verán, cando unha expedición de 5 persoas percorreron [...]

Bisbarra
Unha semana de 17 Vitaminas para as Letras Galegas
16 Maio 2012 - 08:25 | 2 Comentarios
Vitaminas para o galego no Mes das Letras

17 de maio, Día das letras Galegas, e a Costa da Morte e todo o país quere darlle Vitaminas ao galego en 17 linguas e dende 17 países, 17 concellos e 17 colexios. Esa é a idea dos xa 31 medios de comunicación que traballamos na nosa lingua, e que formamos parte da campaña Vitaminas [...]

Carnota
A Escola de Música de Carnota salvada con apoio empresarial
16 Maio 2012 - 07:25 | Sen Comentarios
Imaxe da ESMU de Carnota

Unha vez asinado o novo Consello Local do Mar, que aglutina forzas vivas carnotáns (administracións, asociacións e empresas), o Concello de Carnota informa hoxe do convenio de colaboración asinado entre o Concello e a empresa Stolt Sea Farm S.A. O convenio serve para axudar á Escola Municipal de Música no seu funcionamento, comprometéndose a financiar [...]

Laxe
A mocidade de Laxe aprenden armas de sedución masiva
16 Maio 2012 - 07:16 | Sen Comentarios
Taller de Sedución en Laxe

Despois do éxito e interese xeral transmitido coa ampla e activa participación ó taller de comunicación impartido fai uns días en Laxe, desta volta, o Concello laxense propón unha actividade vencellada a comunicación non formal: “A Arte da Sedución”. Este obradoiro volve a estar dirixido a mozos e mozas de entre 16 e 30 anos [...]

Fisterra
200.000€ dun novo crédito para o Plan de Axuste de Fisterra
16 Maio 2012 - 07:15 | Sen Comentarios

O pasado luns 14 de maio houbo pleno en Fisterra. Un pleno que servía para aprobar o plan de axuste (coma noutros concellos da zona). Un plan que inclúe unha nova operación de crédito, a pagar en dez anos, por importe de 200.000 €, para facer fronte ás debedas.Débedas que curiosamente, e segundo denuncia o [...]

Muros
Esteiro enteiro aprende informática
16 Maio 2012 - 07:10 | Sen Comentarios
Un dos 4 grupos de Informática de Esteiro

Continúa a Sociedade da Información espallándose pola bisbarra. Non deixamos de dar constancia da importancia que teñen estes cursos de informática para adultos que artellan os concellos, que pasa por ser a ocasión máis clara e fácil de aprender para os veciños.De feito, un dos sentidos de vida deste diario é precisamente este, reducir a [...]

Bisbarra
Unha polémica remodelación do Porto de Caión cunha terraza no punto de mira
16 Maio 2012 - 07:08 | Sen Comentarios
A polémica terraza de Caión

Non para o moderno proxecto de remodelación a pesar da polémica xerada ao seu redor, e a pesar de que o Tribunal de Contas xa investiga a Rosa Quintana, ao Alcalde de Laracha e a Evaristo Lareo (recentemente renomeado Presidente da Fed. de Confrarías de Galicia. Xa pasou un ano dende as primeiras denuncias, pero [...]

 
:: PARTICIPA ::

Os últimos comentarios dos usuarios...

Interesantísima película rodad

11-05-2012 - Cambeiro

Encántame esta columna!! Moito

28-04-2012 - Kiara

Xavi é unha desas persoas da c

17-03-2012 - Kiara