Cetrería: Exposición e exhibición de 11 a 14 e de 18 a 22 horas.
Tiro con arco: Realizarán unha representación pola mañá ás 13 horas e outra pola tarde ás 20 horas.
Rincón infantil: Disponible de 11 a 14 e de 18 a 22 horas.
Noria: Disponible de 11 a 14 e de 18 a 22 horas.
Barca: Disponible de 11 a 14 e de 18 a 22 horas.
Cetrería: Exposición e exhibición de 11 a 14 e de 18 a 22 horas.
Tiro con arco: Realizarán unha representación pola mañá ás 13 horas e outra pola tarde ás 20 horas.
Rincón infantil: Disponible de 11 a 14 e de 18 a 22 horas.
Noria: Disponible de 11 a 14 e de 18 a 22 horas.
Barca: Disponible de 11 a 14 e de 18 a 22 horas.
A VII edición do Mercado Medieval Costa da Morte celebrarase en Corcubión o sábado 21 e o domingo 22 de Xullo, cun anticipo novidoso na noite do venres 20: O Desembarco Medieval.
As Asociacións Nemancos e Idade Media, como organizadoras, queren saudar e agradecer a súa inestimable colaboración a veciños/as, visitantes, colaboradores e patrocinadores.
Sen á colaboración de todas e todos vós, este Mercado non sería o que é. Agardamos que este ano tamén sexa do voso agrado, e poidamos disfrutalo coa ledicia e o entusiasmo habitual.
Acércate a Corcubión e vive unha festa que nunca esquecerás.
Senón sabes como chegar a Corcubión, aquí cho indicamos:
A noite do venres 20 de Xullo, Corcubión volverá ao ano 1457. Por medio dunha representación teatral na praia de Corcubión revivirase unha loita histórica desta vila.
Todo comenzará coa chegada á praia de Corcubión de varias embarcacións, baixo as ordes do Arcebispo Rodrigo de Luna, que pretenden conquistar a vila aproveitándose da ausencia de Don Rodrigo de Moscoso, gobernante de Corcubión.
Os corcubioneses, capitaneados polo valente soldado Gomes de Riobó, defenderán a localidade, e tras unha dura batalla, lograrán que os invasores se batan en retirada.
Únete a xente de Corcubión e revive este episodio da nosa historia.
Coñece en fotografías o Mercado Medieval
![]() Familia medieval |
![]() De todo un pouco |
![]() Tamén temos cetrería |
![]() Equilibrismos en todas as posicións |
![]() O ferreiro traballando |
![]() Facendo cestos |
A realización do Mercado Medieval en Corcubión convírtese nun homenaxe a unha das épocas que forxaron o Corcubión actual. Baixo o dominio dos Moscoso (S. XV) Corcubión convertiuse en capital xurisdicional.
Se queres coñecer máis da historia medieval de Corcubión invitámosche a que leas esta breve disertación sobre Corcubión Medieval (pdf, 47 Kb).
Tamén che invitamos a coñecer a páxina oficial do Concello de Corcubión, onde poderás ampliar os teus coñecementos sobre esta vila e toda a Costa da Morte.
E se queres ver en fotos como foi a festa dos últimos anos invitámosche a visitar o álbum de fotos do Mercado Medieval de Pablo Damonte.
Que Pasa Na Costa (2007)