Agora mesmo a Clínica Veterinaria Argos ten acollidos estos cariñosas cadeliños.
Se che interesa algunha delas ou queres máis información, pasa polo Hospital Clínico Veterinario Argos, ou chama ao número de teléfono 981 745 826.

O matrimonio de avanzada idade xa non pode con el, pero é moi cariñoso.

Se estás interesado en acoller a algún destes cadelos ou gatiños para darlle unha familia coa poder ser féliz e queres máis información, pasa polo Hospital Clínico Veterinario Argos, ou chama ao número de teléfono 981 745 826.
Todos coñecemos algunha triste historia do típico cadeliño que se perdeu ou que simplemente foi abandoado, e que remata atropellado por un coche ou morrendo esfameado nalgunha leira. A situación é máis grave aínda na Costa da Morte, onde nin sequera hai "perrera" municipal como denuncia a Veterinaria Irene García Patiño.
Para axudar a solventar este problema, Hospital Clínico Veterinario Argos e o Que Pasa na Costa presentan o servizo Salvacadelos, que pretende atopar un fogar para os cadelos abandonados da Costa da Morte.
Estamos convencidos de que un servizo deste tipo debería ser público, pero a Clínica Veterinario Argos leva anos funcionando como se fose unha perrera tentando axudar a todos esos cans desvalidos e a situación non parece que cambie. E non podemos quedarnos de brazos caídos esperando que actúen os que habitualmente non o fan.
Esperamos que esta iniciativa sirva para que os concellos e o resto de institucións da bisbarra se conciencien desta situación terceiromundista.
Cada vez que se atope un cadelo nas rúas das vilas da Costa da Morte hai que chamar ao concello correspondente e eles xa se encargaran de contactar coa Clínica. Por favor, non chamar directamente á clínica que é preciso seguir co procedemento legal.
Desde a redacción de Que pasa na Costa e o Hospital Clínico Veterinario Argos animamos a todo o mundo a que se conciencie de que os nosos cans poden ter un sitio onder vivir. E lembra que unha chamada ao teu concello pode salvar unha vida.
Para máis información, pasa polo Hospital Clínico Veterinario Argos, na Avenida de Fisterra, 3; nos seguintes horarios:
ou ben chamando ao teléfono 981 745 826.
Jakob era un cadeliño perdido pola costa de Fisterra, ata que apareceu Markus, un mozo alemán que levaba 3 meses facendo o Camiño de Santiago.
Cando estaba chegando ao fin do mundo, se lle cruzou aquel precioso cadeliño e non puido máis que levalo con él.
Levouno a Clínica Argos e pediu que se lle puxeran todas as vacinacións necesarias e que se lle suministrase toda a documentación precisa para levalo consigo a Alemaña.
Así foi como Jakob e Markus se coñeceron e agora comparten a súa vida en Alemaña.
Unha nova e bonita historia foi protagonizada por Blanquita. Esta pequerrecha cadeliña de 7 meses foi abandonada por estar coxa. A clínica Argos atopóulle unha casa, onde a señora octoxenaria que a acolleu saía a pasear coa única motivación de sacar a pasear e ver correr ao seu cadelo. Pero o seu velliño can morría tras unha grave enfermidade e a señora non quería saír máis da casa, ata que entrou Blanquita na súa vida. Agora, as dúas son felices, Blanquita ten unha casa onde lle dan moito cariño, e a súa dona sae tódolos días a disfrutar da vida.
Xa temos outras bonitas historias baixo a iniciativa Salvacadelos. A parelliña dos fermosos cruce de grifóns que chegaba o mes pasado á Clínica Argos xa atoparon familia, de igual xeito que os catro gatiños pequechos que rondaban pola clínica.
O mesmo pasou co cruce de Pastor Alemán, que tamén atopou un fogar. Fora atopado polas rúas de Cee e portaba un colar de cadea cuberto de goma que facía pensar que escapara da casa. O home que o acolleu ficou con el logo dos 15 días que han de pasar para que un can se considere "orfo".
O cruce de grifón que fora atopada preto de Coristanco logo de ser atropelada tamén atopou unha nova familia. Non cabía agardar outra cousa, xa que a cadela, como vemos na foto da dereita, ten unha cara de boa que non pode con ela.
Non foi a única que atopaba unha casa neste mes pasado. Un precioso cruce de huski de 2 anos, unha linda bóxer de 3 aniños e un cadeliño perqueniño moi cariñoso tamén atopaban familia.
Que Pasa na Costa © 2007