Ir a Que Pasa na Costa

Acolle a unha mascota

Agora mesmo a Clínica Veterinaria Argos ten acollidos estos cariñosas cadeliños.

Se che interesa algunha delas ou queres máis información, pasa polo Hospital Clínico Veterinario Argos, ou chama ao número de teléfono 981 745 826.


Un cachorriño peludo

Características


Camada de cachorriños

Características


Lanza

Características


Cadela mestiza

Características


Cadeliña abandonada

Características


Chispas

Características


Peluso

Características


Se estás interesado en acoller a algún destes cadelos ou gatiños para darlle unha familia coa poder ser féliz e queres máis información, pasa polo Hospital Clínico Veterinario Argos, ou chama ao número de teléfono 981 745 826.

Salvacadelos

Todos coñecemos algunha triste historia do típico cadeliño que se perdeu ou que simplemente foi abandoado, e que remata atropellado por un coche ou morrendo esfameado nalgunha leira. A situación é máis grave aínda na Costa da Morte, onde nin sequera hai "perrera" municipal como denuncia a Veterinaria Irene García Patiño.

Para axudar a solventar este problema, Hospital Clínico Veterinario Argos e o Que Pasa na Costa presentan o servizo Salvacadelos, que pretende atopar un fogar para os cadelos abandonados da Costa da Morte.

Estamos convencidos de que un servizo deste tipo debería ser público, pero a Clínica Veterinario Argos leva anos funcionando como se fose unha perrera tentando axudar a todos esos cans desvalidos e a situación non parece que cambie. E non podemos quedarnos de brazos caídos esperando que actúen os que habitualmente non o fan.

Esperamos que esta iniciativa sirva para que os concellos e o resto de institucións da bisbarra se conciencien desta situación terceiromundista.

Que facer cando atopamos un can abandonado

Cada vez que se atope un cadelo nas rúas das vilas da Costa da Morte hai que chamar ao concello correspondente e eles xa se encargaran de contactar coa empresa que teñan contratada para tal efecto. Ollo porque algúns concellos non teñen empresas veterinarias fiables e a recollida só remata en sacrifico. Con todo, por favor, non chamar directamente á clínica que compre seguir o procedemento legal.

Desde a redacción de Que pasa na Costa e o Hospital Clínico Veterinario Argos animamos a todo o mundo a que se conciencie de que os nosos cans poden ter un sitio onder vivir. E lembra que unha chamada ao teu concello pode salvar unha vida.

Máis información

Para máis información, pasa polo Hospital Clínico Veterinario Argos, na Avenida de Fisterra, 3; nos seguintes horarios:

ou ben chamando ao teléfono 981 745 826.


Historias que nos animan

A cadela que sobreviviu ao lume

Esta cachorriña que vemos perdeuse durante o duro incendio de comezos de agosto en Berdoias.

Un Garda Forestal atopouna e achegouna á Clínica Veterinaria Argos de Cee, organizadora da iniciativa xunto co diario. Chegou con moitas queimaduras no morro e nas patiñas, polo que precisou un tempo de recuperación na clínica. Así e todo, a Clínica xa lle atopou familia e xa está sá e salva das lapas.

Traspasando fronteiras

Unha boa seguidora compostelá de Salvacadelos, non puido aguantar máis e achegouse ata Cee para acoller a Pepa. Pepa foi adoptada por María Xosé, e xa dende o primeiro momento matén unha relación de amor coa outra pequerrecha da casa, Adriana.

"A mesma noite da chegada", cóntanos María Xosé, "ficaron na cadeira as dúas, e conxeniaron tan ben que quedaron vendo a tele. Ao día seguinte xa disfrutaron de paseo en tacatá, aínda que a Pepa non tira moito do carromato!".

Luca Toni

Chega a todos lados esta fermosa iniciativa de Salvacadelos. Hoxe metémonos de cheo no mundo do fútbol.

Este rapaz acaba de acoller esta marabilla de canciño con cara de despiste, e de nome caéulle o do dianteiro de moda no fútbol italiano, Luca Toni.

Lúa

Unha familia pontecesá visitaba a páxina de Salvacadelos e namoraba da pequena Lúa. Sen pensalo, colleu o coche e se prantou na Clínica Veterinaria Argos para salvala. Agora vive así de feliz na súa nova casa, e nos enviaba unha carta de agradecimento. Máis feliz está Lúa e mais nós. Vemos aquí embaixo como durme a pequecha, iso si, de día.

A mocidade tamén acolle

Esta parella de mozos da zona, estrearon o seu piso de Cee con este pequeno can de ollos verdes. Encántanos coñecer esta clase de historias, nas que non só son as familias con unha gran casa de casa e moito tempo as que acollen aos pequenos habitantes de Salvacadelos, senón que a mocidade tamén dá mostras da súa solidariedade.

Así, esta parella levou o can a súa casa, e agora non para de correr e correr pola enorme terraza do seu novo piso en Cee. Todos tan felices e tan guapos.

Chula

"Chula" chegou á clínica de paso, para ser atendida mentres a súa dona arranxaba uns problemas persoais. O tempo pasou e a señora foi desentendéndose da cadela, malia estar esta preñada. Pasaron os días e Chula paríu na clínica tres cachorriños preciosos. Criounos e gracias á solidariedade das xentes da Costa e do esforzo das traballadoras da clínica, atopouse casa para os tres. Cinco días despois de que se regalara o último dos seus fillos, a clínica atopou un novo fogar para Chula.

Jacob

Jakob era un cadeliño perdido pola costa de Fisterra, ata que apareceu Markus, un mozo alemán que levaba 3 meses facendo o Camiño de Santiago.

Cando estaba chegando ao fin do mundo, se lle cruzou aquel precioso cadeliño e non puido máis que levalo con él.

Levouno a Clínica Argos e pediu que se lle puxeran todas as vacinacións necesarias e que se lle suministrase toda a documentación precisa para levalo consigo a Alemaña.

Así foi como Jakob e Markus se coñeceron e agora comparten a súa vida en Alemaña.

Blanquita

Unha nova e bonita historia foi protagonizada por Blanquita. Esta pequerrecha cadeliña de 7 meses foi abandonada por estar coxa. A clínica Argos atopóulle unha casa, onde a señora octoxenaria que a acolleu saía a pasear coa única motivación de sacar a pasear e ver correr ao seu cadelo. Pero o seu velliño can morría tras unha grave enfermidade e a señora non quería saír máis da casa, ata que entrou Blanquita na súa vida. Agora, as dúas son felices, Blanquita ten unha casa onde lle dan moito cariño, e a súa dona sae tódolos días a disfrutar da vida.

Kas

Pasou de vivir debaixo dun coche por Corcubión a compartir piso con cuatro estudiantes en Coruña.

Así rematou o pequeno Kas, este delicioso gatiño que vemos na imaxe. Foi recollido maullando sen parar debaixo dun coche na rúa principal de Corcubión. Con agarimo deixábase acariciar e coller pedindo calor ante a ausencia da súa nai.

As veterinarias da Clínica Veterinaria Argos acollérona, coidárona, e deixáronlla forte para unha nova vida. Unha nova vida na capital herculina. A complicada vida rueira tornou nunha vida de rei. Aló está nun pisiño da Coruña, pero iso si, por xente da Costa.

Os simpáticos grifóns

Xa temos outras bonitas historias baixo a iniciativa Salvacadelos. A parelliña dos fermosos cruce de grifóns que chegaba o mes pasado á Clínica Argos xa atoparon familia, de igual xeito que os catro gatiños pequechos que rondaban pola clínica.

O mesmo pasou co cruce de Pastor Alemán, que tamén atopou un fogar. Fora atopado polas rúas de Cee e portaba un colar de cadea cuberto de goma que facía pensar que escapara da casa. O home que o acolleu ficou con el logo dos 15 días que han de pasar para que un can se considere "orfo".

O cruce de grifón que fora atopada preto de Coristanco logo de ser atropelada tamén atopou unha nova familia. Non cabía agardar outra cousa, xa que a cadela, como vemos na foto da dereita, ten unha cara de boa que non pode con ela.

Non foi a única que atopaba unha casa neste mes pasado. Un precioso cruce de huski de 2 anos, unha linda bóxer de 3 aniños e un cadeliño perqueniño moi cariñoso tamén atopaban familia.


Que Pasa na Costa © 2007